A tenda KNT, en Romero Donallo 17 organiza a partir de este venres día 8, as cinco da tarde, un taller de escultura.
O profesor Miguel Ánge Vigo explica que o curso consistirá no modelado dun busto, dun persoaxe real o ficticio, e servira para que os alumnos coñezan as bases da linguaxe formal da escultura.
Trataranse temas como a anatomia, o encaixe, composición, liña de acción...ata os elementos finais como a texturación ou o policromado da obra.
Unha vez rematado o curso os traballos dos alumnos que o desexen colgaranse on line.
Máis información no 981 594 858 - 695 936 205

Ningún comentario:
Publicar un comentario