A ordense Ánxeles Rodríguez, medalla de prata no XI European Athletics Championships Indoor

A atleta Ánxeles Rodríguez vén de demostrar unha vez máis o seu alto nivel e técnica sobre a pista.

Nesta ocasión foi nunha cita internacional, no XI European Masters Athletics Championships Indoor que tivo lugar recentemente en Italia. 

De alí a deportista ordense regresou coa medalla de prata na proba w55 disputada por equipos. Ademais tamén acadou o 6º e o 8º posto en xavelina e 3000 m respectivamente.

Ningún comentario: