I Curso de Defensa Persoal do concello de Boqueixón

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón colabora na organización dun curso de Defensa Persoal dirixido a todos os públicos. Esta iniciativa está organizada e será impartida por docentes profesionais do Compostela Judo Club.

A defensa persoal é unha disciplina que se imparte cada vez con máis asiduidade xa que con unhas técnicas básicas se pode facer fronte a calquera tipo de agresión. Sobre todo se fai fincapé en que as mulleres de calquera idade teñan coñecementos básicos de defensa persoal para pode facer fronte a posibles agresores ou situacións de emerxencia que se lles puidera plantexar.

O Concello de Boqueixón acollerá este curso de Defensa Persoal todos os venres dende o 22 de abril ata o 17 de xuño en horario de 20:30h a 21:30h no Ximnasio Municipal de O Forte.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer no CIM do Concello de Boqueixón ou ben chamando ao 981513061.

Esta iniciativa xurde tras o éxito acadado coa realización do I Curso Monográfico de Defensa Persoal Feminina levado a cabo en Boqueixón no mes de novembro enmarcado dentro das actividades da Campaña contra a Violencia de Xénero.

Ningún comentario: