O Partido Popular de Ames, a raíz das informacións que están aparecendo estes días nos medios de comunicación relacionados cunha subvención relacionada coa Administración Electrónica dentro do Plan Avanza quere manifestar o seguinte
Durante o anterior mandato, a área de informática no Concello de Ames foi asignada ao concelleiro Ramón García Argibay dende o inicio do mandato ata o 21 de xaneiro de 2013.
O expediente para a segunda fase do proxecto da administración electrónica no Concello de Ames foi remitido pola devandita área para a aprobación dos pregos que rexerían a licitación por parte da Xunta de Goberno local de 7 de xuño de 2012, un ano despois de que se iniciara o mandato.
Logo dos trámites administrativos oportunos, e trala clasificación de ofertas e adxudicación do contrato en Xunta de Goberno Local, procedeuse á firma do contrato coa empresa Informática El Corte Inglés S.A. (IECISA) o 18 de setembro de 2012, sendo o concelleiro da área nese momento a persoa responsable do seguimento do contrato.
IECISA presenta factura polos traballos realizados no rexistro do Concello o 2 de xaneiro de 2013.
Con data 21 de xaneiro de 2013 prodúcese o cese do Sr. García Argibay, baseada nunha perda de confianza do Alcalde.
Á data de cesamento, non se producira aínda a conformación da factura por parte do responsable, o concelleiro García Argibay.
Nese momento, a área pasa a asumirse por parte da Alcaldía, e formalmente noméase como responsable do contrato ao Alcalde, asistido tecnicamente polo técnico do servizo de informática do Concello.
Os técnicos municipais sinálanlle ao Alcalde que estiveron apartados deste proxecto ata ese momento, sen poder realizar un control do desenvolvemento do contrato, e que por razóns elementais de prudencia, se require un tempo para poder comprobar o estado do proxecto e a correcta prestación dos servizos reflexados en dita factura.
Naturalmente, debese suliñar que está totalmente fora de cuestión a posibilidade de que o pago da factura se tivese realizado sen a previa constatación da correcta prestación dos servizos.
Á vez, o tempo empregado para esta constatación polo novo responsable, asistido tecnicamente polo persoal técnico da área, é razoable e coherente coa natureza do proxecto, a súa entidade e complexidade e o seu carácter técnico.
O PP de Ames quere resaltar a implicación dos técnicos municipais para cumprimentar o expediente da segunda fase da administración electrónica.
Paralelamente, o Pleno municipal aprobou por unanimidade no pleno de febreiro de 2013 a creación da Sede Electrónica do Concello de Ames, para permitir cumprir coa parte dos procedementos teletramitables que se incluían nesta segunda fase da administración electrónica, tramite este que estaba sen facer.
En canto se constatou por parte dos técnicos que se tiñan prestados os servizos indicados no contrato asinado con IECISA, foi cando se procedeu á aprobación da factura e ao seu pago.
Non obstante, mantivéronse varias reunións coa empresa para analizar polo miúdo o cumprimento do contrato, de cara a detectar incidencias no desenvolvemento do mesmo e que a empresa asumise as correccións das mesmas, realizándose para elo requirimentos a IECISA neste senso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario