Unha ampla discografía de composicións propias, João Afonso é actualmente a expresión máxima da lusofonía musical, cunha forte e singular marca autoral. O lirismo das súas melodías e poesías, a par da fusión natural que fai entre a música urbana africana e a música popular portuguesa, esta última moito por influencia do seu tío José Afonso, fan que destaque no panorama musical nacional.
En “Sangue Bom” renova o seu espírito creativo, invitándonos a viaxar polas paisaxes sonoras dunha lusofonía por (re)descubrir.
João Afonso - voz e guitarra
João Ferreira - percusión e batería
Vítor Milhanas - baixo e voz
Miguel Fevereiro - guitarra eléctrica e voz
António Pinto - guitarras e voz
cando e onde Xoves 7 abril 2016
20:30 Teatro Principal Rúa Nova 21981 542 347
prezo das entradas 12 euros

Ningún comentario:
Publicar un comentario