Arzúa abre o prazo para os expositores que queiran participan na feira de 2º man e artesanía

O sábado, 14 de maio, todos os veciños e veciñas de Arzúa terán unha cita coa feira de segunda man e artesanía que por quinto ano consecutivo organiza o Concello. Baixo o nome de “Arzúa Vende”, a cita consolídase como un marco de compra e venda de artigos de segunda man (como por exemplo mobles, libros, aparellos electrónicos, antigüidades, cd´s ou roupa) e obxectos de artesanía. Ademais, este ano como novidade, intégrase no evento unha zona de oportunidades para darlle a posibilidade aos comercios locais de vender artigos en liquidación e restos de tempada a prezos reducidos.

A feira realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo en horario das once da mañá ás oito do serán. Para poder vender e reservar un posto é obrigatorio anotarse previamente nos teléfonos 981 500 222 ou 981 81 52 97 do 15 ao 29 de abril. Tanto a inscrición para os vendedores como a entrada para o público será totalmente gratuíta. As prazas son limitadas.

“Arzúa Vende” contará cunha programación paralela á exposición e venda que se dará a coñecer nos vindeiros días.

Ningún comentario: