O BNG de Ordes defendeu unha moción para reducir anualmente o tipo impositivo do imposto de bens e inmobles durante a actual lexislatura.
Este imposto municipal xa fora reducido para este ano grazas a unha proposta do BNG, pasando o tipo impositivo do 0,60% ao 0,56%, o que suporá un aforro para o conxunto da veciñanza de Ordes de case 150.000 € durante o 2016.
Nesta moción, segundo sinalan desde o BNG, o que se pretendía era conseguir na práctica unha conxelación da actual recadación municipal deste imposto reducindo o tipo impositivo anualmente, o cal compensaría a suba do valor catastral fixada no 2013 para o que restaba de lexislatura.
Os nacionalistas sinalan que de aprobarse a súa proposta, o conxunto da veciñanza de Ordes conseguiría un aforro de mais dun millón de euros na totalidade da lexislatura, en comparación coa recadación prevista co tipo impositivo de 2015.
Finalmente a moción ficou rexeitada co voto en contra do PP e a abstención de UxO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario