Os de Santiago aguataron o 0-0 ata o descanso e na segunda parte anotarían 4 goles que lles darían a vitoria
Os 3 puntos ante o conxunto ilicitano deixan practicamente salvado ao Santiago Futsal que se distancia 12 puntos do penúltimo clasificado
Non era un partido calquera o que se disputaba esta noite no Esperanza Lag. Santiagueses e ilicitanos buscaban unha vitoria con intereses cruzados. Mostra diso foi a primeira parte do encontro, unha primeira parte intensa pero sen goles na que calquera erro podía decantar o marcador para calquera dos dous conxuntos.
Na segunda parte os de Santiago saíron a por todas e bastoulles un minuto para poñer as cartas sobre a mesa e para que Iván Rumbo fixesen o 0-1. Tan só un minuto despois o capitán Diego Quintela anotaría en 0-2, deixando así o encontro inclinado para os intereses celestes.
No minuto 26 Antonio Diz foi o autor do 0-3, tanto que practicamente sentenciaba o partido no Esperanza Lag. Un Santiago Futsal que non se rendía e buscaba aumentar a renda no luminoso, anotaría o cuarto tanto da noite, firma de Juanjo Catela, a falta de 6 minutos para finalizar o encontro.
A pesar de que Kiwi e Vicen reducirían distancias nos instantes finais, o Santiago Futsal levou a vitoria da cancha ilicitana. Unha vitoria que os afianza na 11ª posición da táboa e que os distancia 12 puntos do penúltimo clasificado a falta de 4 xornadas para finalizar a LNFS.
Rolda de prensa
Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión do que dixo "Foi unha primeira parte moi igualada. Na segunda tivemos fortuna nas accións e primeiro e do segundo gol e iso determinou moito o partido. Collemos máis confianza, traballamos ben o partido e grazas a eles conseguimos o terceiro e cuarto gol. Logo xa nos 10 últimos minutos defendemos ben o 5x4 e en dous rexeites eles anotaron os seus dous goles."
Ficha do partido
Elxe CF: Christian, Jesús García, Juanjo, Carlos Anós e Óscar Ruiz- cinco inicial - Pitu, Kiwi, Dani Civera, Chinés
Santiago Futsal: Marcos Vara, Pablo Tallón, Iván Rumbo, Catela e Dani Montes -cinco inicial- Hugo Sánchez, Pablo Mel, Antonio Diz, Álex Diz e Diego Quintela
Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada de Liga celebrado no Esperanza Lag
Árbitros: Juan Porca e Martínez García. Amoestaron con tajerta amarela a Vicen e Juanjo polo Elxe CF e a Iván Rumbo polo Santiago Futsal
Goles: 0-1 min Iván Rumbo, 0-2 min.22 Diego Quintela, 0-3 min.26 Antonio Diz, 0-4 min.34 Catela, 1-4 min.38 Kiwi, 2-4 min.39 Vicen

Ningún comentario:
Publicar un comentario