O BNG de Ordes presentou no concello as súas propostas para o plan xeral de ordenación municipal, segundo o voceiro nacionalista, Pablo Vidal “desde o ano 2013, non tivemos ningunha oportunidade de participar na elaboración do documento, o equipo redactor do planeamento nunca nos vira diante ata o de agora”.
Os nacionalistas, logo de votar en contra da aprobación inicial do documento no pasado mes de decembro, formularon 15 propostas para solucionar os problemas que detectaron no mesmo. Vidal expón que “as nosas propostas van encamiñadas a evitar defectos de tramitación que poderían levar á nulidade non convalidable do planeamento, reformular certos polígonos de solo urbano non consolidado para mellorar a estética urbana e os fluxos de circulación, e evitar primar intereses particulares antepoñendo sempre os intereses xerais”.
Entre as propostas do grupo nacionalista destacan, manter o fondo edificable en 15 metros para evitar crear distorsións nas traseiras dos edificios, modificar o trazado da variante á estrada de Carballo sen interromper o paseo Iván Raña Fuentes, evitando ademais crear infraestruturas moi custosas e de gran impacto ambiental, formular unha alternativa real de circulación á Rúa Coruña pola Rúa Alfredo Brañas e prever reservas de solo para ampliar as E.D.A.R., evitando ter que levar a cabo innecesarias modificacións puntuais do planeamento no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario