Biblioteca Ánxel Casal - Día do usuario

Con motivo do Día do Usuario, hoxe luns 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Santiago convida a todos os seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia:

•Nomeamento de Socios de Honra, que recaerá nos tres usuarios infantís e nos tres adultos con máis préstamos durante o ano 2015. Ao longo de 2016 estes “superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario o 11 de xaneiro de 2017.

•Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores e lectoras que se acheguen á Biblioteca Pública de Santiago a celebrar esta conmemoración.

•Visita guiada ás 12.00h aberta a todo o público que desexe coñecer os servizos, espazos e
coleccións que ofrece a Biblioteca Pública de Santiago.

Para completar as actividades destinadas a esta celebración, todos aqueles que se acheguen á Biblioteca no mes de xaneiro poderán desfrutar da mostra bibliográfica: “Libros e lecturas nas bibliotecas” que estará do 2 ao 31 de xaneiro no 2º andar.

Ningún comentario: