Silleda - Reclamación de rebaixa da peaxe da AP-53

O goberno municipal levará ao pleno ordinario deste mes a moción para reclamar a rebaixa da peaxe na autoestrada AP-53. A proposta é similiar á presentada en Santiago e Lalín, logo do acordo entre os tres rexidores, e a través da que se solicita á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento que se impliquen na busca de solucións para abaratar os custes do traxecto, un dos máis elevados de España. 

Está é a primeira das medidas acordadas polos tres Concellos logo da fronte común establecida o pasado mes de novembro polos seus respectivos alcaldes. 

“Non é xusto que doce anos despois da apertura deste tramo, sigamos con esta peaxe abusiva para os usuarios”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que defenderá a proposta na sesión ordinaria. 

“Agardo que todos os grupos apoien esta proposta porque é unha cuestión que afecta a toda a poboación, unha reclamación máis que xusta xa que a peaxe actual é prohibitiva”, engade.

Ningún comentario: