Ames - O CD A Telleira propón ofertas e clases de proba

Nunha campaña que apela aos propósitos de Aninovo baixo o nome "Mañana empezamos" o Centro Deportivo A Telleira convida aos veciños de Ames a probar, de forma gratuíta e durante un día, algunha das actividades especiais organizadas para este mes de xaneiro. Trátanse de cursos de iniciación pensados para aquelas persoas que queiran retomar o deporte ou que desexen comezar a practicalo, pero se sintan indecisas respecto a que disciplina lles atrae máis.

Os interesados e interesadas poden optar entre unha clase de bodypump, un adestramento con pesas pensado para o fortalecemento muscular, o bodycombat, deporte que basea os seus movementos en distintas artes marciais e acompaña a súa práctica con música, o ciclo, exercicios realizados nunha bicicleta estática, ou outras de deportes máis coñecidos como a zumba, o aquafit ou o running.

A información respecto aos horarios das clases de iniciación pódense atopar na páxina web mañanaempezamos.es, dende a cal se poden descargar tamén as invitacións para asistir as clases gratuitamente. O director do C.D A Telleira explica que, aínda que descargar a invitación é o recomendable, tamén é posible acudir directamente ao centro. Na recepción os amesáns poden informarse da programación completa que ofrece o centro. A Telleira ofrece ademais, até o día 7 de febreiro de 2016, a oportunidade de matricularse no centro deportivo sen ningún custe, e incluíndo na oferta quince primeiros días de uso gratuíto. Os novos usuarios e usuarias serán agasallados cun pack de benvida.

A Telleira consta cunhas instalacións compostas por unhas piscina deportiva, unha sala de fitness, unha sala de actividades, sauna e outra sala onde se imparten os cursos de ciclo. 

Ningún comentario: