Como cada ano dende 1998, os fotógrafos de La Voz de Galicia en Santiago Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares fan unha escolla das mellores imaxes que saíron dos seus obxectivos e que resumen a realidade da cidade do ano que rematou.
![]() |
| Foto: Sandra Alonso |
‘Un ano de Voz’ poderá visitarse atao 13 de febreiro de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 20.30 h. A organiza La Voz de Galicia co patrocinio da Universidade de Santiago, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia eo Concello.
As 59 instantáneas da exposición dan conta do conflito leiteiro e da tractorada que ocupou Compostela, dos xuízos polo caso Asunto ou do Códice Calixtino, das eleccións municipais e o cambio de goberno, de diversas protestas, eventos deportivos de alcance ou incendios forestais, entre moitos temas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario