Melide - reunión informativa coa veciñanza sobre o proxecto de biomasa “distrit heat”

Sistemec Enerxía do Grupo Medancli é unha empresa de Culleredo, A Coruña, que ten experiencia na implantación de redes de calor. Ten feito un estudo de distrit heat sobre a viabilidade de lévalo a cabo dentro do casco urbano de Melide. Trátase da implantación no casco urbano de Melide dunha rede de calor a través da implantación dun combustible máis económico e menos contaminante como é a biomasa tendo aparellado vantaxes medio ambientais, económicas e sociais. 

Medio ambiental, posto que o combustión da biomasa atópase dentro do ciclo natural do carbono, sendo polo tanto un combustible neutro; contribuíndo a limpeza e mantemento das nosas masas forestais, repercutindo isto nunha reducción do número de incendios. 

Económica, non só por tratarse dun combustible cun prezo barato e estable no tempo, ao utilizarse un producto local (biomasa: sobras de cortas, limpeza de montes, etc.) trae aparellado a creación de postos de traballo locais, o que contribuiría a fixación de poboación no Concello e na comarca. 

Social, a vantaxes de utilizar unha enerxía cun prezo máis estable, cun sistema que aporta unha maior seguridade aos usuarios e a cidadanía en xeral, ademais dos valores que aporte este sistema: utilización de recursos locais e do país, o mantemento das masas forestais da comarca o creación de emprego no rural e a fixación de poboación no Concello. 

Dende o executivo local se convida a toda a veciñanza a acercarse á Casa da Cultura da vila para informarse sobre o proxecto así como das vantaxes do mesmo o venres día 15 ás 20.00h.

Ningún comentario: