USC - A universidade traballa na investigación contra o cancro

O grupo de investigación da USC BioFarma participa no desenvolvemento de dianas epixenéticas contra o cancro dentro dun proxecto liderado pola compañía OryzonGenomics. Cun orzamento próximo a 1,5 millóns de euros, o proxecto contará co financiamento de axudas plurianuais do Ministerio de Economía e Competitividade coa participación da Unión Europea no marco do programa Retos-Colaboración. Coa meta de ter rematado en decembro de 2017, esta liña de traballo explorará o rol de novos inhibidores dirixidos a dianas epixenéticas en indicacións oncolóxicas.

BioFarma (http://www.usc.es/biofarma/) está coordinado pola profesoraMabelLoza e atópase emprazadono Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). Está especializado en investigación aplicada ao descubrimento temperá de fármacos en colaboración coa industria farmacéutica ebiotecnolóxicae está considerado un referente internacional neste ámbito.

Loita contra ocancro

O proxecto desenvolverase baixo a denominación ‘Descubrimento e combinación de novos tratamentos para o tratamento de cancro baseados na modulación de dianas epixenéticas e receptores de adenosina’e contará coa colaboración da compañía Palobiofarme e o Centro Tecnolóxico LeitatTechnologicalCenter, ambos os dous emprazados en España.

O papel do grupo da USCBioFarma pasa por aplicar a súa experiencia en programas de descubrimento temperá de fármacos, executando actividades de cribado de novos compostos xerados por OryzonGenomicsePalobiofarma para a avaliación da actividade/selectividade dos novos compostos. Ademais, responsabilizarase da caracterización do ADME (Absorción, Distribución, Metabolismo e Excreción) in vitro, así como de estudar dalgúns compostos sobre liñas celulares tumorais.

Ningún comentario: