O vindeiro martes 19 de Xaneiro o Santiago Futsal medirá as súas forzas ante un dos equipos históricos e fortes do campionato, El Pozo Murcia (Palacio dos Deportes de Murcia, 20.30h). Para dita ocasión, o club celeste quere reunir á súa afección para apoiar aos de Santi Valladares na distancia, e que todos xuntos podamos gozar do que será un partido de entrega e sacrificio dos ‘guerreiros da terra’. A Nave de Vidán, colaborador do club esta tempada e habitual nas retransmisións en directo dos encontros celestes a domicilio, emitirá en directo o partido do Santiago Futsal ante o conxunto murciano.
Ademais da retransmisión do partido, o club celebrará unha reunión antes de devandito encontro para promocionar a campaña de socios ‘Eu Son do Futsal’, á que, despois de tres semanas dende o seu lanzamento, xa se sumaron moitos afeccionados e da que se están obtendo resultados favorables. O club xa se reuníu cos colectivos de afeccionados máis próximos á entidade e está a levar a cabo unha campaña de información para abonados por medio de chamadas telefónicas e correos electrónicos. Esta tarde terá lugar unha reunión cos pais dos xogadores da base celeste.
Santiago Futsal conta con todos os seus seguidores para vivir xuntos un encontro único dos celestes e sentir o seu apoio, no que será o último antes do parón de Liga debido á celebración de Cto Europeo de Fútbol sala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario