Forum gastronómico – apoio das asociacións do sector

O Fórum Gastronómico recibe o apoio das asociacións de restauración e gastronómicas galegas

Unha xuntanza realizada na sede da Asociación de Hostelería de Compostela serviu para presentar as novidades do Fórum a colectivos de toda Galicia

Un grupo de representantes de distintos colectivos profesionais do sector da restauración e enogastronómico galego achegáronse esta mañá a unha reunión para escoitar as novidades do Fórum Gastronómico Santiago 2012 e manifestar o seu apoio á cita.

A sede da Asociación de Hostelería de Compostela foi o marco para esta xuntanza á que estaban convocadas: Asociación de Restaurantes Galegos Lareira, Asociación Gastronómica Xantares, Club Gastronómico Rías Altas, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Gallaecia - Sumilleres de Galicia, Asociación Galega de Catadores e AGASU - Asociación Galega de Sumilleres.

Pep Palau, co director do Fórum, deu conta da marcha do evento e respondeu ás inquietudes dos profesionais reunidos sobre unha cita que converterá o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia no mellor escaparate de promoción de produtos, produtores, cociñeiros e empresarios do sector, do domingo 26 ao martes 28 de febreiro de 2012.

Fórum Gastronómico Santiago 2012 está promovido por Fòrum Gastronòmic S.L. e conta coa colaboración da empresa asociada radicada en Santiago Trevisani S.L.

Ningún comentario: