A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO D TORDOIA INCREMENTA OS SEUS FONDOS CUNHA APORTACIÓN DA FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
As publicacións, que pertencen a varias coleccións e son de distinta temática, estarán a disposición dos usuarios unha vez estean catalogadas
14 de noviembre 2011.- A Biblioteca Municipal do Concello de Tordoia ven de recibir unha cuantiosa donación de preto dun cento de libros, aproximadamente, procendentes da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que virá a completar e enriquecer os fondos deste departamento. A donación, que agora está en mans do persoal da biblioteca, atópase no proceso de clasificación e catalogación previo. Desde o Concello agárdase que, a medida que as publicacións sexan revisadas e catalogadas, poderán pasar xa a disposición do público.
Desde o Concello de Tordoia, o seu rexedor Antonio Pereiro agradeceu á Fundación a incorporación aos fondos da biblioteca, pola súa cantidade e variedade. “Estámoslle moi agradecidos xa que é de gran interés para nós fornecer a nosa biblioteca con todos os fondos cos que poidamos contar, ampliando unha vez máis as posibilidades de lectura e consulta para os nosos veciños”. De temática moi diversa e orientada a diferentes idades, as publicacións desde a Bibliotea Municipal agárdase que nun breve prazo poidan ser consultadas e obtidas en préstamo os novos fondos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario