A Casa da Xuventude acollerá clases de lingua árabe
Silleda, 12 de novembro de 2011. A vindeira semana celebrarase no centro social de Silleda unha reunión con todos os interesados en recibir clases de árabe. O ciclo, de carácter gratuito, terá lugar nas instalacións da Casa da Xuventude, e será impartido por Fátima Charchour, que ensinará de xeito voluntario. Ademais de todas aquelas persoas interesadas en mergullarse nesta lingua e a súa cultura, as clases están tamén pensadas para os fillos de inmigrantes residentes na localidade para non perder o contacto con este idioma. A reunión para fixar horarios terá lugar o vindeiro mércores día 16, en horario de 11 a 13 horas, no centro social de Silleda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario