ÚLTIMOS TRABALLOS DO CONCELLO DE TORDOIA PARA REMATAR A EXECUCIÓN DO SANEAMENTO NA TRAVESÍA DA TARROEIRA
14 de outubro 2011.- O Concello de Tordoia continúa estes días os traballos para rematar o acondicionamento das beirarrúas da Tarroeira, na parroquia de Castenda, que xa están moi avanzadas grazas ao Obradoiro de Emprego e ao persoal contratado a través dos Plans de Cooperación. Así, boa parte da travesía da Tarroeira conta xa cunhas beirarrúas rematadas a ambos lados da calzada mentres que continúan no último tramo, aproveitando o bo tempo reinante.
Os traballos, valorados en preto de 200.000 euros permitirán dotar a esta zona de recollida de pluviais, saneamento e soterramento do alumeado público. Uns traballos que se están a levar adiante grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, en colaboración co Concello de Tordoia, que achega a man de obra. O rexedor tordoiés, Antonio Pereiro amosouse convencido de poder dar remate a esta obra en breve prazo, o que permitirá continar no proceso de mellora das infraestruturas deste municipio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario