A MANCOMUNIDADE DE ORDES PON EN MARCHA EN ORDES E EN OROSO UN PROGRAMA PARA A INTEGRACIÓN SOCIAL DAS MULLERES INMIGRANTES
O programa “Descúbrete” pretende reforzar a autoestima deste colectivo e informarlas sobre os seus dereitos básicos
17 de outubro de 2011.- A Mancomunidade de Municipios de Ordes vén de poñer en marcha “Descúbrete”, un programa para favorecer a integración social das mulleres inmigrantes na comarca ordense. Un programa organizado dende o Centro de Información á Muller e que conta coa financiación da Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Trabajo e Inmigración, así como a colaboración da ONG Médicos do Mundo e dos Concellos de Oroso e de Ordes.
O programa “Descúbrete” pretende que promover a integración social das mulleres inmigrantes residentes na comarca de Ordes a través de catro xornadas nas que se se fomentará a súa autoestima, tanto diante da sociedade como diante delas mesmas, e se lles informará sobre os seus dereitos básicos e os recursos aos que poden acceder elas e as súas familias. Catro xornadas de asistencia totalmente gratuita que terán lugar os días 24 e 27 de outubro na casa da cultura de Ordes e no centro cultural de Oroso.
Desenvolvemento das xornadas
As xornadas xirarán en torno a dous temas: “Os teus sentimentos” e “O teu dereito á saúde”. A asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse por teléfono no Centro de Información á Muller (981 68 00 02) antes deste venres 21 de outubro. A Mancomunidade de Municipios de Ordes porá a disposición das participantes un servizo de gardería gratuíto que funcionará durante as catro xornadas.
O obradoiro “Os teus sentimentos” terá lugar o vindeiro luns 24 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas, na casa da cultura de Ordes e o xoves 27 de outubro, de 10:00 a 12:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. Dende o CIM explican que “se trata dun obradoiro teórico-práctico no que se promoverá de maneira especial a autonomía persoal da muller e a potenciación da autoestima no colectivo emigrante”, xa que se trata dun colectivo que adoita contar cunha rede de apoio social nula ou moi débil.
O segundo obradoiro, “O teu dereito á saúde” pretende que as mulleres inmigrantes coñezan os seus dereitos básicos e as ferramentas das que dispoñen para facer valer os seus dereitos e os das súas familias. Estes dous talleres terán lugar o luns 24 de outubro, de 19:00 a 21:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro (Oroso) e o xoves 27 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas, na casa da cultura de Ordes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario