Brión – útima ruta de sendeirismo do 2011

O CONCELLO DE BRIÓN PECHA AS SÚAS RUTAS DE SENDEIRISMO DE 2011 CUNHA ANDAINA POLO RÍO BELELLE (NEDA) NA QUE PARTICIPARON 94 VECIÑOS

Un total de 485 sendeiristas participaron nas rutas deste ano e o Concello de Brión baralla xa os destinos de 2012, entre os que figuran Allariz, Vilagarcía, Illa de Ons e Touro

18 de outubro de 2011. Un total de 94 veciños e veciñas de Brión participaron na última ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Brión durante este ano 2011, que tivo como destino o río Belelle (Neda). Unha tempada na que o Concello de Brión propuxo seis viaxes nas que participaron un total de 485 persoas.

Agora, dende o Departamento de Cultura e Deportes traballan xa na preparación das rutas do vindeiro ano 2012, que comezarán a convocarse aló polo mes de marzo. A día de hoxe, é segura a realización dunha ruta por Allariz e estanse estudiando outros destinos como a Illa de Ons, Vilagarcía de Arousa e Touro.BRION - ÚLTIMA RUTA SENDEIRISMO 2011

Ruta do Belelle

A última ruta de sendeirismo do ano reuníu a un total de 94 camiñantes, que percorreron un total de 16 quilómetros seguindo o río Belelle. Os sendeiristas sorprendéronse polo escaso caudal que presentaba o río, sobre todo en comparación coa visita realizada o pasado mes de abril. Despois de varias horas de camiñata na que disfrutaron da riqueza ecolóxica e paisaxística do río Belelle, a expedición tivo tamén unha hora libre en Narón.

Esta andaina polo río Belelle pecha o programa de rutas de sendeirismo 2011 do Concello de Brión, que tamén incluíu viaxes ás Illas Cíes, Monte Louro-Carnota, muiños do Folón e do Picón (O Rosal) e San Andrés de Teixido. A viaxe ás Illas Cíes, con 142 participantes, confirmouse un ano máis como a máis participativa, seguida da ruta do río Belelle, con 94 sendeiristas.

Ningún comentario: