Brión – Teatro do Morcego representa hoxe “O lazariño de Tormes”

TEATRO DO MORCEGO REPRESENTARÁ MAÑÁ VENRES EN BRIÓN “O LAZARIÑO DE TORMES”

A actuación terá lugar ás 20.30 horas no centro social polivalente. Entrada gratuíta ata completar aforo

20 de outubro de 2011.- Teatro do Morcergo representará mañá venres 21 de outubro en Brión a súa premiada versión do clásico “O lazariño de Tormes”. Unha actuación que terá lugar a partir das 20:30 horas no auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos. A entrada é totalmente libre e gratuíta ata completar aforo.

“O lazariño de Tormes” é un monólogo sobre o texto clásico da literatura española onde destaca a interpretación de Celso Parada, actor-director e fundador de Teatro do Morcego. A pobreza, a fame e o despotismo son tres elementos básicos que se conxugan na visión que Teatro do Morcego fai desta clásica obra de autor anónimo e que mesmo foi distinguida co premio María Casares á mellor versión dunha obra teatral.BRION - teatro do morcego - o lazarillo de tormes

Teatro do Morcego é unha compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e por Isabel Ávila. Durante os últimos 22 anos de actividade ininterrompida, esta compañía con sede en Narón ten recibido numerosos premios, entre os que figuran o devandito Premio María Casares ou os premios Compostela polas súas distintas montaxes.

Esta representación forma parte do programa “Outono Cultural” organizado polo Concello de Brión e que inclúe unha gala lírica e outros cinco espectáculos teatrais máis durante os meses de outubro e novembro. Uns espectáculos de entrada libre e gratuita grazas á colaboración establecida entre o Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

Ningún comentario: