Santiagoycomarca – conferencia de Youmes M’ Jahed na Fundación Araguaney

Onte tivo lugar no salón de actos da Fundación Araguaney a conferencia de Youmes M’ Jahed, vicepresidente da federación internacional de periodistas (FIP), presidente do sindicato nacional da prensa marroquí e vicepresidente da Comisión de Liberdades da Unión Árabe de periodistas, sobre redes sociais e xornalismo no mundo árabe; o longo de 45 minutos, coa asistencia ddunhas 50 persoas, debullou a situación nos distintos países e a influencia que tiveron na “primavera árabe” as distintas redes sociais.
Para Youmes o desencadeante foi a revolta en Tunez ainda que considera que non so as manifestacións forón as que conseguirón o cambio se non que o exercito presionou poñendose de parte da poboación, para él tanto en este país como no resto as redes sociais serviron como medio para organizar as movilizacións ainda que insiste en que “as revolucións non as fan os ordenadores, as fan as persoas”. No caso de Exipto o xornalista contou que os movementos políticos de esquerdas xogaron un papel fundamental asi como en Marruecos donde a primeira convocatoria de manifestación partiu de un membro das xuventudes socialistas, partido no goberno, o que causou divisións internas nos distintos grupos políticos. santiagoycomarca - conferencia araguaney compri
Youmes di que ainda queda moito por facer pero que o camiño esta comezado e pon como exemplo que os Marroquis non permitirán que exista una democracia no veciño Tunez e que non exista en Marruecos. Tamén destaca que o traballo está nas mans das persoas e non tanto nas redes sociais que son boas ferramentas pero so iso; os países con máis uso das redes como Kuwait, Arabia Saudí ou Emiratos Arabes son precisamente onde non se produciron cambios de ningún tipo.
O vicepresidente da FIP pensa que o papel dos xornalistas e vixiar e contar todo o que suceda, os posibles abusos, as venganzas, as reformas, e califica o xornalismo como “ben público” e por iso cree que os gobernos deben protexelo non para manipulalo se non para que faga o seu traballo en liberdade; Youmes pon en moitas ocasións o caso de Al jazeera, un canal con moitos recursos económicos pero no que dimitiron varios periodistas ante os silencios informativos sobre casosos do que os estados unidos prefiren non falar, recoñece sin embargo que fan un traballo de marketing moi bo e que se vende como unha cadea moi profesional ainda que teña distintas facianas.
Youmes tamén pediu que Europa tome unha postura común sobre todo o que sucede no mundo árabe e insiste en que ten que ser unha postura propia que non ten por que coincidir coa de Estados Unidos. Para o xornalista e o momento de que Europa se implique e axude os seus veciños árabes.
A conferencia de Youmes M’ Jahed e unha das actividades complementarias do festival de cine Amal que comeza este domingo e que está organizado pola Fundación Araguaney.

Ningún comentario: