COMEZA A XIV LIGA DE FÚTBOL SALA MUNICIPAL COA PARTICIPACIÓN DE CASE TRINTA EQUIPOS
· Os partidos da primeira volta comezan o próximo luns 24 de outubro, e xogaranse nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa
20 de outubro de 2011. O Departamento de Deportes, dirixido por Manuel Anxo Fernández Baz, ultima nestes días o comezo da XIV edición da liga de fútbol sala municipal. Esta competición que se realiza ano tras ano cun notable éxito de participación conta este ano con 27 equipos inscritos, que forman tres grupos de 9 combinados cada un.
Os partidos comezarán o próximo luns 24 e xogaranse nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. A competición divídese en dúas voltas, disputándose a primeira entre finais de outubro e o 20 de xaneiro de 2012. Os partidos realízanse os luns, martes, xoves e venres en horario de 21:15, 22:00 e 22:45 horas.
A liga de fútbol sala ten como obxectivo fomentar o deporte e está dirixido a un público adulto. Os equipos teñen que pertencer ó Concello, aínda que cada un pode ter algún xogador de fóra do municipio. O gañador da liga de fútbol sala de Teo representará ó Concello no torneo intermunicipal de fútbol sala que se celebra no mes de xuño. O Departamento de Deportes informa do calendario e dos resultados da Liga nun grupo de facebook público que podes atopar buscando “Liga fútbol sala, Concello de Teo” se tes perfil de usuario nesta rede social.
Karate
Por outra banda este domingo 23 de outubro celébrase no pavillón dos Tilos o X Torneo de kárate Concello de Teo a partir das 17:00 horas. As categorías que competirán son cadete, junior e sub-21 femenino e masculino na modalidade de kumite.
Trátase dun evento organizado pola Agrupación Deportiva Galaika, coa que colabora o Club San Francisco dos Tilos e o Concello de Teo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario