O CONCELLO DE OROSO E LA CAIXA ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES CULTURAIS NO MUNICIPIO
O acordo refrendado hoxe por Manuel Mirás e Manuel Jesús Márquez reforza o certame internacional Goisoroso Artes
20 de outubro de 2011.- La Caixa vai colaborar co Concello de Oroso no desenvolvemento de actividades sociais e culturais no municipio. Así o refrendaron esta mañá o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o director de Área de Negocio de La Caixa, Manuel Jesús Márquez Martínez San Vicente, que asinaron un convenio de colaboración entre La Caixa e o municipio orosán. Unha firma na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, e o director da sucursal de La Caixa en Sigüeiro, Andrés Ramos Reigosa.
O alcalde de Oroso agradeceu a colaboración ofrecida por La Caixa pois “sempre dixen que me gusta a filosofía que teñen moitas empresas de implicarse social e culturalmente naqueles municipios onde traballan, pois é unha forma de devolverlle aos veciños parte dos beneficios que tiran da súa actividade”. Por iso, Manuel Mirás sinalou que “o feito de que unha entidade como La Caixa, que xa leva meses colaborando en Oroso, asine este acordo é moi importante e será moi positivo para a vida social e cultural deste municpio”.
Unha colaboración que La Caixa xa mantén con algunhas entidades sociais de Sigüeiro e que tamén comezou a desenvolver co Concello de Oroso durante a edición de 2011 do certame internacional Goisoroso Artes, celebrado entre os meses de setembro e outubro. “A sinatura de hoxe refrenda o apoio de La Caixa a este certame e dalle tamén un pulo á súa continuidade”, explica o concelleiro de Cultura, Antonio Leira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario