Silleda – convenio coa Fundación Laboral da Construcción

O Concello de Silleda colabora coa Fundación Laboral da Construcción e APEC na formación de traballadores do sector

-Ante o éxito da primeira xornada celebrada hoxe para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC), e unha das primeiras coa nova aula móbil da entidade, celebrarase un segundo ciclo o vindeiro venres na Casa da Xuventude de silleda

-Paula Fernández asinou un convenio coa fundación para a celebración desta actividade, que contribue a mellorar a cualificación do sector da construcción

-Das 35.000 demandas registradas este ano para obter a TPC, o 23% corresponden á provincia de Pontevedra

Silleda, 14 de outubro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena e a concelleira de Emprego, Margarita Campos, asistiron hoxe á firma dun convenio para actividades formativas coa Fundación Laboral da Construcción, que organizou no municipio unha xornada en materia de prevención de riscos laborais en colaboración coa Asociación de Empresarios da Construcción da Provincia de Pontevedra (APEC) e co Concello. Esta sesión é necesaria para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción, (TPC), un instrumento que permite acreditar a formación e experiencia laboral dos empregados do sector e que está a despertar un gran interese. De feito, o responsable de Seguridade e Saúde da Fundación Laboral da Construcción en Galicia, Antonio García, amosou a súa “grata sorpresa” pola demanda rexistrada en Silleda, con máis de 30 anotadas (superando as prazas previstas). Deste xeito, o vindeiro venres día 21 de outubro, como apuntou a concelleira de Emprego, Margarita Campos, volverá a celebrarse unha segunda xornada formativa nas dependencias da Casa da Xuventude.

“Temos que agradecer que a Fundación Laboral da Construcción elixira Silleda como un dos primeiros destinos para traer a súa aula móbil e a colaboración da APEC para seguir avanzando nun ámbito moi importante no sector do emprego”, apuntou a concelleira”.

Antonio García advertiu, sobre a demanda deste documento, do que hoxe xa se entregaron algúns exemplares, que este ano se registraron unhas 35.000 solicitudes en Galicia, das que o 23% corresponden á provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, que asinou o convenio con García, destacou a “magnífica labor de APEC e a fundación con esta iniciativa. “Pese a situación que está a vivir o sector, é o momento ideal para que os traballadores se formen”, sinalou a rexedora, engadindo que o sector, un dos máis castigados pola crise, “tera que reavivarse” como un dos piares tradicionais da economía. Así mesmo, Paula Fernández destacou a “aposta clara” do goberno municipal pola reactivación do emprego, con iniciativas como Silleda Emprega que xa obtivo moi bos resultados en pouco tempo. “A concellería que dirixe Margarita Campos está a demostrar que nun momento difícil poden xurdir ideas acertadas para traballar nesta liña”. Paula Fernández tamén quixo ter un agradecemento especial cara o presidente de APEC, o silledense José Luis Campos Novo, que “sei que vai traballar por e para Silleda, como xa ven facendo”, afirmou.

Por último, a preguntas dos xornalistas sobre a situación do sector e a súa evolunción na provincia , Campos Novo sinalou que a falla de crédito está a afectar moito na construcción así coma os recortes na obra pública por parte das Administracións. Pese a que os datos, según sinalou o presidente da entidade provincial son “preocupantes” e tamén pouco alentadores cara ao 2012, Campos Novo afirma que o sector “precisa traballadores cada vez máis formados e todos os ámbitos para acadar unha maior competitividade”, engadiu.

Ningún comentario: