Comezan as obras para a remodelación e mellora da praza da Feira Vella
-Os xardíns contarán cun diseño máis anovador. Xa están a pintar os bancos e limparanse os columpios
-A xunta de goberno local acordou dirixirse á Diputación de Pontevedra para que esixa as responsabilidades que procedan á empresa que realizou as obras aínda o pasado ano
Silleda, 21 de outubro de 2011. Os traballos para a remodelación da praza da Feira Vella de Silleda comezaron estes días coa renovación das zonas axardinadas, logo de que foran retirados todos os adoquíns soltos como medida de seguridade. Os operarios municipais comezaron xa a dar forma aos xardíns, cun deseño anovador que incluirá a formación de volumes. Esta actuación, xunto co pintado dos bancos e a limpeza dos columpios nos parque infantil, conferirá a este céntrico espazo, un dos máis frecuentados polos cativos da localidade, unha estética renovada e acorde ao seu entorno.Logo destas actuacións, e como xa se anunciara o pasado mes de xullo, a praza da Feira Vella será pechada ao tráfico rodado, restrinxindo a circulación únicamente aos residentes da zona. En virtude do informe policial ao respecto, o actual acceso aos vehículos dende a rúa Antón Alonso Ríos (antiga San Isidro) será anulado e a praza pasará a contar cunha única entrada e saída dende a rúa Outeiro, na que se instalarán bolardos. Outra das recomendacións do citado informe, á que se lle dará cumplimento, é a de repintar os pasos de peóns nos puntos de elevación desta praza de Silleda, que se borraron ao botarlle novo asfalto ás rúas.
Na sesión da xunta de goberno local celebrada hoxe deuse conta do acordo para retirar os adoquíns soltos, que supoñían un perigo para os usuarios, así como dos informes do técnico municipal e da Policía Local ao respecto. Esta praza foi remodelada hai agora un ano con cargo ao Plan Anticrise da Deputación de Pontevedra (PID), cunha inversión de 50.000 euros. Por iso, e a vista do mal estado e as deficiencias dos traballos, na xunta de goberno tamén se acordou dar tralado do estado desta praza á Deputación, como promotora dos traballos, para que proceda a esixir á empresa concesionaria as responsabilidades que corresponda.
Dende o goberno municipal, antes de adoptar este acordo trasladáronse as queixas sobre os adoquíns ao director técnico das citadas obras para que lle ordease a empresa a súa recolocación, algo que non chegou a producirse, por iso o Concello optou por actuar de oficio “para salvargardar a seguridade dos usuarios”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario