ROUBAN MAIS DE 2000 METROS DE CABLE DO TENDIDO ELECTRICO DE BOQUEIXON.
Unha denuncia dun veciño durante a fin de semana ó detectar unha arquetas do tendido eléctrico na zona do polígono industrial de Sergude destapou o roubo do tecido electrico do alumeado municipal no treito da AC 960 diante do polígono industrial.
Trátase dun treito no que o alumeado fai soterrado cousa que non foi un problema para os ladróns que en total sustraeron preto de 2.000 metros do cableado dos faraois municipais e subtraeron tamén 4 tapas das arquetas do mesmo.
Esta mañá a empresa concesionaria do proxecto valorou os danos realizado que superan os 20.000 € e que xa se puxo en coñecemento da Guardia Civil de Lestedo para a realización da pertinente denuncia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario