Psoe Ordes – oposición a reapertura da canteira de Leira

O PSOE DE ORDES OPONSE A QUE SE VOLVA A EXPLOTAR A CANTEIRA DE LEIRA PARA NON MERMAR A CALIDADE DA AUGA POTABLE DOS VECIÑOS DE ORDES

Xesús Pedreira solicitará no pleno a inclusión da finalización dos saneamentos de Brea e Ardemil no POS 2012

26 de outubro de 2011.- O concelleiro socialista Xesús Pedreira advirte dos riscos que pode supoñer para os veciños de Leira e da Vila de Ordes o reinicio da actividade extractiva na canteira situada entre O Brumeiral (Leira) e Porto (Ardemil), coñecida como “a de Nicanor”. Unha canteira abandoada hai anos e que acaba de solicitar autorización para o reinicio da súa explotación.

“Esta canteira linda co río Cabrón, pertencente ao LIC do Tambre da Rede Natura, e río abaixo ubícase a ETAP de captación de auga para a zona periférica e o núcleo da Vila de Ordes. Pensamos que reiniciar esa actividade sería perxudicial para os veciños da parroquia de Leira e, sobre todo, para a calidade da auga que consumen os veciños de Ordes”, explica Xesús Pedreira. Por iso, o edil socialista solicitará no pleno de mañá xoves que o Concello de Ordes faga as alegacións pertinentes diante da Xunta de Galicia para que non se leve a cabo esta actividade extractiva e que non conceda a licenza municipal para o desenvolvemento desta actividade.

Saneamento

Por outra banda, o secretario xeral dos socialistas de Ordes tamén presentará diante do pleno unha serie de obras demandadas pola veciñanza ordense para a súa inclusión no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. “No ano 2008 a Deputación fixo o saneamento do límite do Concello con Brea, no Mesón do Vento, pero esta rede quedou sen conexión á rede xeral, polo que é preciso poñela a funcionar”, sinala Xesús Pedreira. Por iso propón a construción dunha depuradora nas proximidades do embalse de Vilasenín. “Así se uniría aos núcelos de As Raposeiras, Orellán de Arriba, Orellán de Abaixo e Porta do No, permitindo dar servizo a 265 veciños”, explica o concelleiro socialista. O custe deste proxecto rondaría os 125.000 euros.

Así mesmo, os socialistas ordenses tamén propoñen que se remate a primeira fase das obras de abastecemento e saneamento na Espenica pois “cunha cuantía mínima poderíamos poñer en valor unha obra moi necesaria para mellorar a calidade de vida dos veciños desta zona”. Finalmente, o PSdeG tamén solicita melloras en dous camiños en Fosado (Santa Cruz de Montaos) e Vilamaior, así como obras de alcantarillado e beirarrúas no Seixo (Ardemil), por ser a porta de entrada do Camiño Inglés en Ordes “e atoparse en pésimas condicións”, sinala Pedreira Mirás.

Psoe Ames – problemas nos novos aparcadoiros

A IMPROVISACIÓN E A FALTA DE PREVISIÓN FAN QUE AS RECENTES CHOIVAS ARRASTREN MOREAS DE TERRA DUN APARCAMENTO NOVO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSOE PREGUNTARÁ NO PLENO QUEN SE FAI RESPONSABLE DESTA CHAPUZA

Lle preguntamos ao goberno de Ames ¿quen é o técnico que deseñou o proxecto do aparcadoiro? ¿Quen aceptou facer un aparcadoiro sobre terra, en pendente, sen pisar a zahorra e sen drenaxes?

É necesario explicar como un aparcamento recentemente rematado carece do deseño axeitado, sufrindo un importante deterioro na primeira choiva do outono e inunda de terra as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio, co conseguinte risco para o tráfico.

Trátase dunha improvisación, dunha obra feita a presa, sen o asesoramento técnico axeitado.

A concellería de Vías, Obras, Parques e Xardíns fai augas por todos lados, dirixida por un concelleiro que se mete a técnico sen os coñecementos necesarios.PSOE AMES - CHOIVA NOS NOVOS APARCADOIROS

Unha vez mais a concellaría de Vías, Obras, Parques e Xardíns amosa as súas carencias. Recentemente facíamos varias denuncias do abandono da Rúa Anxeriz, do crecemento da vexetación en todas as parroquias do concello onde as silvas “alfombran” as beirarrúas sendo especialmente lamentable o estado destas en Covas (a pesar dunha limpeza inicial lles queda moito por facer), Ames, Tapia ou Piñeiro. Estes días nos atopamos cunha sorpresa desagradable mais, as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio cheas de terra polos arrastres procedentes dun aparcadoiro “do trinque” que sofre serios danos e provoca problemas graves aos veciños coa primeira choiva do outono. Estamos a falar do novo aparcadoiro de Milladoiro, realizado por un goberno popular que fixo caso omiso de calquera asesoramento técnico. O concelleiro erixiuse en enxeñeiro, desdeñou os consellos técnicos e o resultado é o comentado, moreas de terra que invadiron as rúas antes citadas facendo necesaria unha cara reposición no aparcadoiro recentemente inaugurado. Obviamente en Galicia chove, tal e como sucedeu estes días, sen que supoña unha situación novidosa. Tamén, obviamente, o aparcadoiro está en pendente, algo que tampouco é raro en Milladoiro. Por tanto, non fai falta ser un lince para decatarse que cun terreo en pendente e nunha zona onde chove, (isto é Galicia) resulta imprescindible prensar ben o terreo, construír unhas drenaxes e unhas canalizacións para así evitar arrastres e non tirar os cartos facendo obras a toda presa e mal deseñadas (por desprezar o asesoramento técnico) que á semana da súa inauguración teñen que ser reformadas e reparadas. PSOE AMES - CHOIVA NOS NOVOS APARCADOIROS 2

Temos un goberno que se caracteriza pola labia fácil, as afirmacións de balde e sobre todo pola falta de prudencia e saber estar. Cada paso que dan é un fracaso, ben pola súa ausencia e falta de organización, ben porque esa falta de organización e previsión aconsella que era mellor que non fixeran nada. Tiraron os cartos con un aparcadoiro mal feito no que as reparacións van supoñer case tanto como a construción. Alfredo, “enxeñeiro de novo cuño”, está a demostrar continuamente as súas carencias. A súa intromisión nas obras deste aparcadoiro tamén amosan unha falta total de prudencia. Non é capaz de organizar o traballo, non sabe distribuír as tarefas, mantén a maior parte do concello desatendido e cando fai, mete a pata. A gran cantidade de terra que chegou as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio, unhas das mais transitadas, ocupando boa parte das mesmas, supuxo un perigo innecesario para os condutores que circularon de noite, coa calzada mollada e por se fora pouco, cunha capa de area que dificultaba o dominio do vehículo.

Por estes motivos, o grupo socialista pedirá explicacións no pleno do xoves 27 de outubro. Este erro no deseño do aparcadoiro, malgastando os cartos de todos e poñendo en perigo aos condutores, necesita unha explicación convincente aos cidadáns.

Fundación Araguaney – Amal news 26.10.11

Podes descargar aqui o Amal news do mércores 26

-------------------------------------------------------------------------

As mulleres, protagonistas da xornada de mañá en Amal

Santiago de Compostela, Mércores 26 de Outubro de 2011. Chegado o ecuador da semana do Festival Internacional de Cine Amal, a organización valora moi positivamente a resposta do público galego, nacional e internacional. Nenos, non tan nenos, maiores, máis maiores… galegos, ingleses, alemáns, árabes ou franceses. Para todos estanse celebrando actividades e proxectando películas.

Ademais das proxeccións habituais, para mañá destacamos dous pratos fortes. Por unha banda teremos en Santiago a unha das produtoras de “Son of Babylon”, cinta de 90 minutos dirixida por Mohamed Ao-Daradji, que se estreou este mes nos cines españois. A proxección será ás 22,00 h da noite e, ao seu fin, todos os asistentes poderán manter un coloquio cunha das súas produtoras.FUNDACION ARAGUANEY - AMAL 27 OCTUBRE

Ademais, a Galería Caroní (Rúa do Vilar, 21) será o escenario de celebración dun coloquio conducido por mulleres e centrado no papel da muller no mundo árabe. Ana Staton, Directora da Fundación Araguaney será a condutora do coloquio. Unha cita na que se reunirán Andreas Horvath, co-directora de ?Atracción Árabe?, Yasmine Ao Massri, presidenta do xurado; Emma Lustres, membro do xurado; Chelo Loureiro, delegada de CIMA Galicia; Francisca Pleguezuelos, Dra. Fundación Legado Andalusí e Rosa Oubiña Solla, Portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular na Xunta.

En cada proxección os espectadores poden votar do 1 ao 5 segundo o grao de satisfacción obtido logo de ver a película. Nas proxeccións de onte pola tarde, o público valorou moi positivamente “This is my land, Hebrón”, de Giulia Amati e Stephen Natanson. Este último estivo en Santiago e mantivo un coloquio co publico da súa película.

Negreira – carreira popular de Negreira

A carreira popular de Negreira, que se presentou onte na vila barcalesa, pretende superar a cifra dos 1.600 atletas

de Concello de Negreira, el Viernes, 21 de octubre de 2011 a las 6:35

A trixésimo segunda edición da carreira popular de Negreira, que se presentou onte na vila barcalesa, pretende superar a cifra dos 1.600 atletas alcanzada no 2010. A proba será o 13 de novembro. A distancia e o percorrido serán os mesmos, pero algo vai cambiar nesta edición. Os atletas participantes na carreira absoluta de 10.000 metros por vez primeira terán que abonar tres euros de inscrición.

Manuel Home, edil de Deportes, explicaba esta novidade: «Por motivos federativos \ que cobrar

a inscrición, porque como queira que é un número moi grande de atletas, ou Concello non pode asumir ese desembolso, aínda que si ou fará cos atletas locais» que non pagarán a cota do seguro de responsabilidade civil da Federación.

Segundo puntualizou o concelleiro, quen recordou que non se rebaixa a contía dos premios en metálico.

A empresa Sport Solutión encargarase por segundo ano consecutivo das inscricións e o control con chip dos dorsais en carreira. A través da web (www.concellodenegreira.es) poderase acceder ao rexistro de inscricións.

BNG Ordes – solicitude de plenos extraordinarios polos problemas da oficiña agraria

O BNG SOLICITA PLENOS EXTRAORDINARIOS NOS CONCELLOS DA COMARCA DE ORDES PARA ESIXIR Á XUNTA SOLUCIÓNS Á FALTA DE MEDIOS DA OFICINA AGRARIA

Esta situación está a provocar un gran retraso no pago das axudas para os plans de mellora e as novas incorporacións agrarias, que xa ascenden a 1 millón de euros

Os portavoces e responsábeis do BNG nos concellos da comarca de Ordes anunciaron a presentación de mocións e solicitudes de Plenos Extraordinarios en todos os Concellos da comarca de Ordes para esixir á Xunta de Galiza a solución dos problemas derivados da falta de medios da Oficina Agraria Comarcal, particularmente a realización de forma inmediata das xestións necesarias para o pago das axudas aos Plans de Mellora e ás novas incorporacións nas explotacións agrogandeiras, que se atopan pendentes de pago desde hai máis de medio ano.

Estas iniciativas foron presentadas por Rocío da Igrexa, Xosé María Pérez, Gonzalo Castro, Xosé Manuel Raposo e Xosé Manuel Pérez, portavoces municipais do BNG en Cerceda, Frades, Ordes, Mesía e Oroso e por Natalia Cancela e Xabier Villar, responsábeis locais do BNG en Tordoia e Trazo.

Os representantes do BNG nestes Concellos salientaron que desde hai máis dun ano na comarca de Ordes estanse a producir retrasos desproporcionados na tramitación e pago das subvencións aos Plans de Mellora e nas axudas ás novas incorporacións que están a agravar a situación das explotacións agrogandeiras mermando a viabilidade e o futuro dun sector económico estratéxico para a comarca de Ordes.

Na actualidade, segundo os datos aportados polo BNG, existen aproximadamente 40 explotacións na comarca de Ordes que levan agardando máis de medio ano polo pago das axudas aos Plans de Mellora e a novas incorporacións, número que se está incrementando de forma exponencial co paso do tempo.

Para ao BNG as cifras falan por sí soas do quebranto económico que se está a ocasionar a un sector moi importante na economía da comarca de Ordes, xa que estas 40 explotacións realizaron case 2,1 millóns de euros de investimento en Plans de Mellora e están a agardar desde hai moitos meses polo cobro de 1 millón de euros en axudas para esas, co risco de que chegados a estas alturas do ano, estes expedientes non queden pechados no presente exercicio económico causando un grave perxuizo económico ás explotacións agrogandeiras.

Os representantes nacionalistas na comarca de Ordes amosaronse moi críticos coa falta de apoio ao sector agrogandeiro por parte do goberno do PP na Xunta de Galiza, o que demostra que o único obxectivo do PP é o desmantelamento definitivo dun sector económico de grande importancia para Galiza.

Mocións e Plenos Extraordinarios

Nos Concellos da comarca onde a celebración de Plenos Ordinarios sexa inminente, o BNG presentará unha moción para incluir na orde do día e esixir á Xunta de Galiza a solución inmediata deste problema, por outra banda, nos Concellos onde a celebración de Plenos Ordinarios non sexa inminente, o BNG presentará coa moción unha solicitude de celebración de Pleno Extraordinario co obxectivo de que poida producirse este acordo Plenario coa máxima celeridade e esixir á Xunta de Galiza que solucione este problema no presente exercicio económico.

Teo – convenio de colaboración con AGADEA

O CONCELLO DE TEO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AGADEA

· Este acordo permitirá a posta en marcha das Aulas de estimulación integral encamiñadas a previr e colaborar coas persoas afectadas de deterioro cognitivo así como ás súas familias e coidadores

· Onte comezou un curso dirixido a coidadores de enfermos/as de alzheimer cunha conferencia inaugural do doutor Alfredo Robles na que estivo presente o alcalde de Teo, Martiño Noriega e o concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias

25 de outubro de 2011. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, en representación do Concello de Teo, asinaba onte un convenio de colaboración con Agadea (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer). A representante da asociación foi a súa presidente, Isabel Gey. TEO - CONVENIO CON AGADEA

Este convenio permitirá en palabras do rexedor teense “aproveitar sinerxias” e en termos prácticos a través desta nova colaboración poranse en marcha as Aulas de estimulación integral, dirixidas a persoas en estados iniciais da enfermidade de deterioro cognitivo. Nestas aulas utilizaranse distintas técnicas como xerontoximnasia, psicomotricidade, estimulación cognitiva, musicoterapia ou arteterapia de cara a potenciar as capacidades das persoas e mellorar a súa calidade de vida. Dende a concellería de Benestar, dirixida por Ignacio Iglesias, destácase que “esta atención con persoal especializado posibilita intervencións individuais e grupais, favorecendo a sociabilidade e as relacións persoais”. Está previsto que estas aulas se realicen en horario de tarde dous días á semana nunha das Casas Comúns.

Sen embargo a colaboración entre o Concello de Teo e Agadea xa permitiu a posta en marcha dun curso para coidadores de enfermos/as de Alzheimer que comezou onte cunha conferencia do neurólogo Alfredo Robles en Calo. Máis de trinta persoas participaron nesta sesión na que se incidiu na importancia da prevención do alzhéimer, unha das demencias máis frecuentes, así como na diagnose e tratamento adecuado para ralentizar os efectos da enfermidade. O conferenciante tamén destacou a necesidade de que todos os actores implicados no tratamento desta doenza teñan unha actitude integrada e destacou a incidencia do alzheimer e os seus efectos no entorno como un problema sociosanitario e económico de primeira orde.

Santiago – axenda mércores 26 de outubro

Mércores 26

10.00 h

En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do Congreso Nacional da Construción.

10.50 h

No IES de Sar, o gañador da IV edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, Martin Barreto, terá unha sesión de traballo cos alumnos/as do bacharelato artístico do devandito instituto, de maneira que entre as 10.50 e as 12.30 horas, 98 alumnos/as desa especialidade e profesores dese centro terán a oportunidade de coñecer o artista premiado e as técnicas que utiliza nos seus traballos.

11.00 h

Na Cámara de Comercio, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa no ciclo de xornadas aeroportuarias organizadas pola Cámara xunto co presidente de AENA, Juan Lema Devesa.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h

No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do XIX Congreso da Asociación Profesional da Maxistratura baixo o lema “Unha xustiza de calidade”.

18.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, fai entrega dos galardóns da IV Edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado pola Concellería de Educación e a Editorial Kalandraka.

20.00 h

Na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (praza da Quintana), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa nunha charla sobre o proxecto do AVE.

Oroso / Ordes – obradoiro de integración para mulleres

UN TOTAL DE 24 MULLERES INMIGRANTES DE ORDES E OROSO PARTICIPAN NO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN SOCIAL “DESCÚBRETE” DA MANCOMUNIDADE DE ORDES

En Oroso as participantes eran maioritariamente de Senegal e do Brasil, mentres que en Ordes o colectivo era íntegramente de orixe árabe

25 de outubro de 2011.- Un total de 24 mulleres inmigrantes participan esta semana na iniciativa “Descúbrete”, un programa da Mancomunidade de Municipios de Ordes para favorecer a integración social das mulleres inmigrantes na comarca ordense. Un programa que na tarde de onte luns se puxo en marcha na casa da cultura de Ordes e no centro cultural de Oroso e que se volverá repetir este xoves 27 nas mesmas localidades.

O programa abriuse na casa da cultura de Ordes co obradoiro “Os teus sentimentos”, no que participaron doce mulleres de orixe árabe, colectivo maioritario entre a poboación inmigrante no municipio ordense. Ao longo de dúas horas, os monitores fixeron fincapé no valor destas mulleres e na importancia de que poidan crear e manter redes entre elas para intercambiar experiencias vitais. Por iso, na xuntanza non só se promoveu a autoestima deste colectivo, senón que tamén se impulsou o contacto e a colaboración entre elas.OROSO - OBRADOIRO INTEGRACION OCTUBRE 2011

Ás 19:00 horas, o programa “Descúbrete” trasladouse ata o municipio de Oroso, onde participaron outras doce mulleres inmigrantes, nesta ocasión procedentes do Brasil e do Senegal, maioritariamente. Neste caso, monitores da ONG Médicos do Mundo impartiron o obradoiro “O teu dereito á saúde”. Durante dúas horas explicáronlles ás asistentes os seus dereitos básicos en materia de saúde, así como as distintas ferramentas das que dispoñen a nivel municipal, autonómico e estatal para facer valer os seus dereitos e os das súas familias.

Próximas citas

“Descúbrete” é un programa de integración social das mulleres inmigrantes organizado dende o Centro de Información á Muller. Conta coa financiación da Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Trabajo e Inmigración, así como a colaboración da ONG Médicos do Mundo e dos Concellos de Oroso e de Ordes.

As próximas citas terán lugar este xoves 27 de outubro en Oroso e Ordes, que intercambiarán o obradoiro celebrado onte. Deste xeito, o centro cultural de Sigüeiro acollerá a xornada “Os teus sentimentos”, de 10:00 a 12:00 horas; mentres que a casa da cultura de Ordes fará o propio con “O teu dereito á saúde” entre as 16:30 e as 18:30 horas. Todos estes obradoiros son de asistencia totalmente gratuita e a Mancomunidade de Ordes puxo a disposición das participantes un servizo de canguraxe.

Ames – recepción intercambio Oxford

Santiago Amor recibiu a nove alumnas de Oxford que estiveron de intercambio no IES de Ames

Ata o concello tamén se achegaron as nove alumnas amienses que irán a Oxford en Semana Santa

Ames, 25 de outubro de 2011. As rapazas da escola privada de Oxford Cranford House, que participan nun programa de intercambio co IES de Ames foron recibidas polo alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Xuventude, María González, o concelleiro de Cultura, Alfonso Rey e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro. Trátase de 9 rapazas dunha escola privada de Oxford que foron acollidas nas casas dos alumnos e alumnas de 3º da ESO do instituto amiense. O programa de intercambio ten como obxectivo facilitarlles aos participantes un primeiro contacto coa realidade lingüística española e inglesa así coma coñecer un lugar e unha cultura distintos.

Santiago Amor convidou ás rapazas a volver visitar Ames cando desexen e falou da importancia de aprender, “todos temos moitoque aprender, e vale a pena saír e coñecer outro sitios, relacionarse con outras persoas e coñecer outras culturas”, comentou Santiago Amor. Pola súa parte, varias rapazas do colexio de Oxford agradeceron o recibimento na casa consistorial, e amosaron a súa gratitude ás mestras pola organización do intercambio, ás familias que as acolleron durante esta semana e aos rapaces e rapazas do IES de Ames por compartir esta semana con eles, e tamén tiveron unha mención especial á comida galega, da cal manifestaron que lles gustou moito. Dúas rapazas do IES de Ames tamén deron unhas palabras manifestando o seu agrado con esta experiencia e as ganas que teñen de ir a Oxford na primavera.AMES - INTERCAMBIO OXFORD

Este foi o segundo ano que viñeron alumnos de intercambio do colexio Cranford House, e dentro de un mes virán a Ames por primeira vez un grupo de 12 rapaces e rapazas doutro instituto inglés, para estes será a primeira experiencia en Ames.
As alumnas de Oxford entregáronlle ao alcalde como agasallo un número da revista que editan cada ano no centro escolar. Pola súa parte os concelleiros amienses regaláronlle ás rapazas guías de flora e fauna da Ruta de Riamontes en Ames.
Programa de intercambio

As estudantes chegaron hai unha semana e tiveron tres días de clases no IES de Ames, o resto do tempo fixeron varias viaxes. Unhas das viaxes foi a Pontevedra, onde viron as Rías Baixas, outra a Santiago e outra a Coruña. Ademais as mozas pasaron unha agradable fin de semana coas familias de acollida. As mozas viñeron acompañadas de dúas profesoras do seu centro. En Semana Santa está previsto que alumnas de Ames sexan acollidas polas familias das estudantes inglesas como estas foron acollidas en Ames e que realicen distintas actividades destinadas a manter un primeiro contacto coa realidade lingüística inglesa.

Ames – escola de adultos

31 persoas asisten á Escola Municipal de Adultos de Ames para obter o título da ESO
A Escola Municipal de Adultos de Ames botou a andar un ano máis con 31 persoas inscritas. Este servizo, en funcionamento dende o curso 2004-05, ofrece formación para obter o título de ensino secundario a todas aquelas persoas que teñen máis de 18 anos. O ano pasado 19 alumnos/as obtiveron o Título de Graduado en Educación Secundaria. As clases impartíranse catro días a semana, en horario de 18:00 h. a 21:00 h, nunha aula do Centro de Formación e Servizos Múltiples do Concello en Aldea Nova. Esta iniciativa ofrece un servizo de titoría que lle axuda ao laumnado a preparar as distintas materias das que se terán que examinar. Os exames realizaranse no Instituto San Clemente de Santiago. Cada alumno ten a oportunidade de realizar dous cursos por ano académico. O prazo para matricularse está aberto permanentemente durante todo o ano. Este luns, 24 de outubro tivo lugar a primeira sesión da Escola Municipal de Adultos. A esta primeira clase de presentación asistiu o concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio, Alfonso Rey, para darlles a benvida aos alumnos/as.
A Escola Municipal de Adultos axúdalles ás persoas maiores de dezaoito anos do concello a obter o título de educación secundaria preparando os exames necesarios. As clases deste servizo, que está impulsado pola Concellaría de Cultura, Educación e Patrimonio, son impartidas nunha das aulas do Centro de Formación e Servizos Múltiples do Concello en Aldea Nova.
Neste momento son 31 os alumnos e alumnas matriculados, que ou ben mediante os diversos módulos que conteñen toda a materia necesaria para superar a ESO ou ben preparando directamente o exame libre de xuño, tentarán obter o título de educación secundaria. Este ano, as persoas que están inscritas van dende os 20 ata os 50 anos, aínda que a maioría do alumnado ten entre os 30 e 40 anos.
O luns, 24 de outubro tivo lugar a primeira sesión da Escola Municipal de Adultos. A esta primeira clase de presentación asistiu o concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio, Alfonso Rey, para darlles a benvida aos alumnos/as. Alfonso Rey animou a todas as persoas que están inscritas na Escola Municipal de Adultos a que traballen duro e acaden o título da ensinanza secundaria obrigatoria.
A matrícula está aberta todo o ano
A Escola Municipal de Adultos non esixe asistencia obrigatoria, e esta queda función das posibilidades de cada quen, xa que hai alumnado que compatibiliza un emprego coa formación. A matrícula permanece aberta ao longo do ano, polo tanto poden apuntarse aquelas persoas que só desexen realizar o exame final en xuño no IES San Clemente de Santiago de Compostela, malia que é recomendable a asistencia ás aulas desde outubro para ter maiores garantías de aprobar. Ademais, durante o curso realízanse varios exames parciais. O primeiro exame parcial terá lugar os días 21 e 22 de novembro dependendo do módulo que curse cada un dos alumnos.

O curso está dividido en dous cuadrimestres, e dentro destes hai catro módulos equivalentes aos catro cursos que conforman a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada un dos módulos inclúe Comunicación (galego, castelán, terceiro idioma), Sociais e Científico-tecnolóxico.
A educación que ofrece a Escola Municipal de Adultos baséase principalmente na autoaprendizaxe en función das experiencias propias, as necesidades e os intereses do alumnado, e é un ensino presencial. Con esta iniciativa, e máis en tempo de crise, ofrécese a oportunidade a un grande número de persoas de melloraren o seu currículum e contar así con maior formación e posibilidades desde o punto de vista laboral.
As clases impártense nunha aula do Centro de Formación e Servizos Múltiples do Concello en Aldea Nova ao longo da semana laboral en horario de 18:00 h. a 21:00 h. Á hora de organizar os cursos académicos, tense en conta o perfil de cada alumno/a e valóranse factores que van desde a idade á formación inicial, dispoñibilidade persoal de asistencia ou a procedencia da persoa. Existe, ademais, un servizo de titoría clave á hora de preparar as probas finais.
Todos os veciños e todas as veciñas de Ames maiores de 18 anos que desexen obter o Título de Graduado en Educación Secundaria, poden matricularse para este curso 2011-12 no departamento de Educación, situado na praza do Concello en Bertamiráns e nas Oficinas Municipais do Milladoiro, na rúa de Abaixo, número 10. Ante calquera dúbida poden telefonar ao departamento de Educación a través do número 981 891 476.

BNG Negreira – eleccions xeráis 2011

O BNG de Negreira ultima os detalles do que será a campaña das Eleccións Xerais 2011.

Despois de crecer un 12,3 % e quedarmos ás portas de obter representación nas últimas Eleccións Municipais, o BNG de Negreira está xa a traballar na seguinte cita electoral, convencidos de que o noso partido é o único que realmente defende os intereses de Galiza.

Cunha axenda cargada de actos e iniciativas, o BNG explicará ós veciños as propostas nacionalistas resumidas no slogan de campaña "Por Galiza. Queremos democracia, queremos traballo".

Segundo o voceiro nacionalista Antonio Ponte, "os resultados a nivel local do BNG nestas Eleccións Xerais, servirán tamén como termómetro do noso traballo na vila de Negreira".

Os actos de campaña comezarán na parroquia de Covas, xa que na pasada campaña electoral o anterior goberno non nos cedeu o local pra celebrar o mitin.

Tordoia – actualización de tasas municipais

O CONCELLO DE TORDOIA LEVA A PLENO A ACTUALIZACIÓN DE CINCO TAXAS MUNICIPAIS NO MARCO DO SEU PLAN DE AUSTERIDADE

As taxas a debate levaban sen actualizar desde hai máis dunha década e afectan maioritariamente a empresas de subministro

25 de outubro 2011.- O Concello de Tordoia celebra mañá o seu pleno ordinario de outubro co obxectivo de levar a trámite a actualización de varias taxas municipais, correspondentes a recollida de lixo, ocupación de subsolo, solo e vo en vía pública, así como polo emprego do pavillón polideportivo e de actividades deportivas e culturais. Estas modificacións das taxas, que permanecían sen actualizar desde hai máis dunha década, inscríbense no marco das medidas que boa parte dos concellos da comarca están levando adiante co obxectivo de garantir uns servizos de calidade aos seus veciños. “A caída no nivel de ingresos e subvencións fai preciso que o Concello de Tordoia acometa un rigoroso plan de austeridade no que se inxire tamén esta medida de actualización destas taxas, vixentes moitas delas desde 1999”, explicou o rexedor tordoiés quen aposta por maximizar os recursos para garantir os servizos que se lles están a ofrecer aos veciños antes que verse na obriga de facer recortes. “Cun esforzo conxunto poderemos superar esta situación de crise pola que pasamos”, explicou Antonio Pereiro.

Pereiro Liñares explicou tamén que as taxas que se actualizan fano de xeito moi moderado e afectan maioritariamente ás empresas subministradoras de servizos e non aos veciños. Así, as ordenanzas que se presentan para modificación son as de ocupación por subsolo, solo e vo en vía pública, que corresponden ás cantidades que abonan as empresas de enerxía eléctrica e telefonía móbil; a taxa de suministro de auga potable e servizos complementarios, abonada pola empresa concesionaria deste servizo, Aquagest, que terá que abonar un 3% máis, correspondente á suba do IPC, así como a que corresponde á regulación do prezo público polo uso do pavillón polideportivo, cuxo incremento quedará fixado mañá no pleno.

Recollida de lixo e actividades deportivas

En canto aos veciños, o pleno municipal debatirá para a súa aprobación a suba da taxa pola recollida de lixo e servizos complementarios, que quedará establecida arredor dos 6€ mensuais mentres que ata o de agora os veciños abonaban 38€ anuais neste concepto. Antonio Pereiro explicou que esta cantidade non alcanzaba nin para sufragar o 50% dos gastos vencellados á recollida de lixo. “A taxa mantíñase igual desde hai máis dunha década e durante estes anos o volume de lixo incrementouse de xeito constante, sen que variara o recibo, polo que é imprescindible equiparar o custe do servizo real co que abonan os veciños”, explicou o rexedor tordoiés.

O goberno local tamén ten previsto presentar a pleno para a súa aprobación unha nova ordenanza, para establecer unha taxa polo alugueiro dos locais sociais por parte de empresas e asociacións, aínda que as entidades sen ánimo de lucro poderán seguir empregándoos sen necesidade de abonar ningún importe.

Fundacion Araguaney – los directores de Amal hablan con el público

Los directores del Festival de Cine Amal charlan con el público de sus películas

Santiago de Compostela, Martes 25 de Octubre de 2011. Marc Almodóvar mantuvo un coloquio con el público después de la proyección de su película ayer por la tarde. Comentó sobre el Festival Amal que “ofrece la oportunidad de acercar al pueblo gallego una realidad tan cercana pero a la vez tan lejana”. Manifestó que sobre los conflictos del mundo árabe la gente opina a raíz de lo que ve en los medios o cuentan los políticos, pero, dijo, “en el documental no salen hablando los grandes analistas: habla la gente, el Pueblo, y se siente su fuerza, su tensión y emoción”.

Felipe Laxe fue el encargado de mantener un coloquio distendido con el público de “TodosFUNDACION ARAGUANEY - AMAL 26 OCTUBRE vós sodes capitáns”, el film que dirigió su hermano Oliver. Felipe cree “que el espectador que se come telediarios con cuchara de palo tiene una imagen de Marruecos como un país donde impera la anarquía, la rudeza e incluso cierta crueldad. En cierta medida es cierto, y hasta eso me parece que hace parte de su encanto, pero hay sobre todo un Marruecos en el que el mátiz de cualquier gesto, expresión o mirada te puede conmover muy profundamente”, y eso es lo que trata de enseñar su hermano Oliver Laxe en “Todos vós sodes capitáns”.

Mañana miércoles, ecuador de la semana del Festival de Cine Amal, será un día marcado por los coloquios de los directores del festival con el público. Si los de Marc Almodóvar, director de “Erhal. Diario de la plaza Tahrir” y Felipe Laxe, “Todos vós sodes capitáns”, han sido un éxito, el miércoles Mourad Ben Cheikh, director de “No more fear” hará lo mismo a las 20,00 horas, y Hesham Issawi, director de “Cairo exit” estará también en Santiago para conversar con el público interesado en sus filmes a partir de las 22,00 horas de la noche.

Psoe Ames – o goberno popular quere eliminar os comedores escolares

O goberno popular de Ames pretende eliminar os comedores escolares pola vía da subida no prezo.

25 de outubro de 2011. Carlos Fernández : “Os populares propoñen unha subida do 50% das taxas dos servizos educativos (comedores escolares, Bos días cole e Tardes Divertidas). Supón unha suba abusiva e desproporcionada e o claro inicio do seu desmantelamento”.

1.- QUÉ PROPÓN O GOBERNO POPULAR.

Os populares de Ames propoñen que, no pleno do vindeiro xoves, onde, como cada ano, se debaten as ordenanzas fiscais e de prezos públicos para a súa entrada en vigor no vindeiro exercicio, se aprobe unha suba dos servizos educativos e complementarios do Concello de Ames.

A suba supón o incremento do 50% no prezo dos servizos de comedor escolar, Bos días cole e Tardes Divertidas para o curso 2012-2013, que resumidamente é a seguinte:

Tarifa actual Tarifa proposta

Comedores Escolares 70€ 110€

Bos días Cole 40€ 60€

Tardes Divertidas 65€ 95€

2. ¿QUÉ SUPÓN ISTO?

1º- A proposta popular supón, en primeira instancia, unha suba brutal e descarada do prezo destes servizos, tendo en conta a situación de crise que están a vivir as familias na actualidade.

2º- Supón o claro inicio do desmantelamento dos servizos educativos, que tanto costou crear e manter. O Partido Popular non propón o desmantelamento dos servizos abertamente, senón que o fai pola porta de atrás, establecendo un prezo elevado para restrinxir o acceso das familias ao servizo. Máis de mil familias se verán afectadas pola iniciativa.

3º- Na suba dos comedores propoñen, ademáis, un pago progresivo en función da renda per cápita, que non é máis que un insulto á cidadanía, unha falsa progresividade, posto que só establecen bonificacións para aquelas familias que contan con unha renta anual menor ao 200% do IPREM, isto é, só se beneficiarán de bonificacións, aquelas familias que teñan unha renda per cápita ao mes inferior aos 1065,02€. O que deixa fóra a unha porcentaxe moi alta de poboación que ata agora usaba o servizo de comedor.

FRECUENCIA CUOTA A PAGAR

- Entre 50% e o 100% do IPREM: 266,26 €- 532.51€ Renda per cápita 80€

- Entre 100% e o 150% do IPREM. 532,52 € - 798,76€ Renda per cápita 90€

- Entre 150% e o 200% do IPREM: 798,77 € 1065,02€ Renda per cápita 100€

- Igual ou superior ao 200% do IPREM: = > 1065,02€ Renda per cápita 110€

É dicir, pagará o mesmo unha familia mileurista que unha familia millonaria, de xeito que farán máis esforzo económico as familias que teñen menor capacidade económica. ¿ Onde está a progresividade?

4º- A maiores da suba proposta, non se plantexa bonificación nin reducción de prezo por máis dun usuario nunha mesma unidade familiar, de xeito que unha familia con dous fillos que teñan que usar o comedor escolar, terán que pagar 220 euros ao mes e non terán ningún tipo de desconto, a pesares de que noutros servizos sí se establece. Isto é unha auténtica barbariedade para as familias amienses.

Ademáis, se un usuario que utiliza o servizo de comedor, tamén necesita o servizo Bos dias cole, por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, terá que pagar 170€ ao mes, ou se utiliza o servizo Tardes Divertidas pagará 205€ ao mes.

5º- Os socialistas entendemos que a proposta popular supón un insulto á cidadanía. Analizando o expediente, o goberno popular propón un prezo maior que o que figura no estudo de costes. Por exemplo, no estudo de custes dos comedores o custe mes por neno é de 108,50€/mes e o Partido Popular propón aprobar o prezo de 110€/mes. ¿qué se pretende facer coa diferenza?

3º- O PP FAI O CONTRARIO DO QUE PROMETEU. NOVA INCOHERENCIA DO SEÑOR AMOR.

O que propón o goberno vai, a todas luces, en contra de:

· todo o seu discurso na oposición

· do que propuxo na campaña electoral, e

· do que recentemente, xa no goberno, veñen de anunciar.

Durante os últimos catro anos que o PP de Ames estivo na oposición, sempre reclamaron a contención na suba de impostos e taxas. Non hai máis que acudir ás actas:

- 30 outubro 2008, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Ramón García Argibay: “Hai unha diferenza neste sentido entre o partido socialista e o partido popular, o partido socialista non é partidario de baixalos en ningún momento e o partido popular si é partidario de baixalos, sobre todo cando estamos en época de crise. E non estamos agora falando de baixalos senón de conxelalos. Repito que en tempos como os que estamos a vivir propoñemos a conxelación de taxas”

- 29 outubro 2009, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Santiago Amor Barreiro(actual alcalde): “houbo que agardar a que o IPC fose negativo para que o goberno tomara a decisión de conxelar as taxas e se notase algo menos a situación económica que se está vivindo. Tendo feito o seu grupo motas recomendacións o ano pasado ao grupo de goberno no senso de conxelar ou seguir as recomendacións do Ministerio de Facenda de non incrementar taxas e impostos”.

- 28 outubro 2010, debate ordenanzas e prezos públicos, Ramón García Argibay: “ o noso grupo ven reclamando dende hai anos que se conteña a subida de impostos”.

Ademáis, tamén se mostraron en contra das actualizacións de prezos, votando en contra das mesmas. Agora, que están no goberno, non só propoñen para o vindeiro xoves a actualización de prezos dos servizos de auga, saneamento, lixo..., que no seu día estando na oposición votaron en contra, senón que ademáis propoñen a suba descarada dos servizos. Non hai máis que ir ás actas para recordar a incoherencia coa que actúan:

- 28 outubro 2010, debate ordenanzas e prezos públicos, Ramón García Argibay: “o seu grupo está en contra da subida do IPC”.

- 30 outubro 2008, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Ramón García Argibay: “...así que nós cremos que independentemente de que noutros momentos fora oportuno subir o IPC, agora mesmo non é momento máis axeitado”.

E agora, ¿sí é máis axeitado? ¿Con unha situación económica nas familias moito peor?

Na campaña electoral propuxeron a conxelación de impostos e taxas. Non hai máis que recordar cómo empapelaron o concello para denunciar a subida de impostos do goberno socialista e cómo propoñían a conxelación dos mesmos. Agora, fan todo o contrario ao prometido. Isto é, un claro engano á cidadanía amiense.

Pero máis grave é falta de proxecto en materia económica dos populares. Ao pouco de iniciarse no goberno, Argibay, primeiro tenente alcalde, anunciaba que, dentro da proposta que tiña de subida de taxas, non se incluiría a actualización de tasas dos comedores escolares. Este anuncio foi recollido nos medios de comunicación en data 20 de xullo de 2010 co seguinte titular de prensa en La Voz de Galicia: “Argibay anunció una subida de tasas que a corto plazo no incluirá los comedores”.

Pois ben, hoxe podemos ver realmente cál é a proposta popular: unha suba abusiva e inxustificada dos comedores.

4º- O GOBERNO SOCIALISTA, NO SEU DÍA, PROPUXO UNHA SUBA QUE NUNCA SE LEVOU A CABO.

O 20 de maio de 2008, o goberno socialista fixo unha proposta de suba na taxa de comedores, que supoñía pasar dunha tarifa mensual de 70€ a unha nova tarifa de 100€, en base a un estudio económico do departamento dos servizos económicos municipais. A proposta foi debatida na comisión informativa celebrada o 23 de maio e incluída na orde do día da convocatoria do pleno o 26 de maio, se ben, posteriormente o 29 de maio a alcaldía retirou o asunto da orde do día do pleno. Isto supuxo que os grupos da oposición amosasen o seu malestar ao ser recollida esta nova na prensa antes de que lles fose notificado a retirada do asunto na orde do día do pleno.

Polo tanto, o goberno socialista, no seu día, propuxo un incremento da taxa de comedores que só se quedou en proposta. Non se levou a cabo e tampouco se propuxo nos anos seguintes, nin 2009 nin 2010 nin 2011, porque entendemos que os comedores escolares teñen unha compoñente social moi importante e o concello ha de favorecer o acceso aos servizos de conciliación familiar e laboral como son éstes a todas as familias que o necesiten.

O certo é que, durante estes anos o concello veu asumindo un importante déficit no servizo de comedores porque entendemos que tal déficit ha de ser asumido como tal dentro das políticas sociais que unha administración pública ha de levar a cabo, e tendo en conta ademáis a situación de crise económica que estamos a vivir e o importante número de familias que utilizan este servizo como medio de conciliación da vida familiar e laboral. Non se pode xustificar o elevado incremento proposto polo suposto déficit existente.

Por todo o exposto, o grupo municipal socialista:

1. Denuncia a suba brutal e descarada da taxa dos servizos educativos, comedores escolares, Bos días Cole e Tardes Divertidas.

2. Denuncia a incoherencia dos populares co que veñen promentendo nos últimos anos.

3. Pídelle a Amor que xestione e busque outras alternativas, como así o fixeron os socialistas, e non a vía directa e fácil da subida dos prezos.

Ames, 24 de outubro de 2011.

Mancomunidade de Ordes – cinensino tamñen de 8 a 11 anos

A MANCOMUNIDADE DE ORDES AMPLÍA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES “CINENSINO” AOS NENOS E NENAS DE ENTRE 8 E 11 ANOS NA COMARCA

O programa busca implantar actitudes e condutas positivas que servan como barreira de protección fronte a procesos aditivos como o alcol ou as drogas

24 de outubro de 2011.- A Mancomunidade de Municipios de Ordes vai ampliar o seu exitoso programa de educación en valores “Cinensino” aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria que estudan nalgún dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). Deste xeito, o programa incluirá a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, que se sumarán aos 313 rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos que participaron nel durante o pasado curso escolar.

A técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade, Mónica González López, explica que a decisión de levar este programa a nenos de 8 e 11 anos é porque “este é o periodo crítico na formación de crenzas e actitudes no rapaz, unha etapa na que aumenta a curiosidade e o risco para o inicio de condutas esporádicas de abuso que poden establecer pautas de comportamento que xeren trastornos aditivos no futuro”.

Por iso, “Cinensino” proporcionará a estes cativos principios, orientacións e ferramentas para o seu desenvolvemento integral como persoas, implementando actividades que permitan o desenvolvemento de habilidades sociais que permitan un cambio progresivo nos valores, actitudes e comportamentos do alumno. Uns cambios que actuarán como factores de protección fronte a futuros procesos aditivos como o alcol ou as drogas.

O cinema como método de ensino

Para conseguir estes obxectivos, o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes empregará tres unidades didácticas, unha por cada trimestre escolar. “Cada unidade didáctica baséase e articúlase en función dunha película”, explica Mónica González, “pois partimos das experiencias narradas no filme, de xeito que o cinema convértese nunha ferramenta pedagóxica e no eixo dinamizador dos contidos do programa”. Outro cambio do programa é que os filmes proxectaranse nas propias aulas, en vez de facelo na casa da cultura ordense, de xeito que a interacción entre os alumnos e os profesores será moito maior.

Para este curso 2011-2012, “Cinensino” escolleu tres filmes. O primeiro é unha película de animación, “Enredados”, que actualiza o conto de Rapunzel e é escollido como exemplo de cómo acadar as metas co propio esforzo. A película xuvenil “Grupo tigre” foi escollida como exemplo do traballo en grupo fronta a calquera adversidade; mentres que a comedia “Los pingüinos del Sr. Poper” levará o debate en torno ao valor da amizada e da familia.

Alumnos de ESO

No caso dos alumnos do primeiro ciclo da ESO, é dicir, entre 12 e 14 anos, o programa “Cinensino” centrarase máis na prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos. “Pensamos que a nosa estratexia de prevención será máis efectiva se incidimos no problema antes de que se produza, axudando aos alumnos a consolidar actitudes incompatibles con condutas aditivas como o alcohol, as drogas e outro tipo de condutas”, sinala Mónica González.

Neste caso, o programa empregará tres películas diferentes. A primeira será “En un mundo mejor”, un filme danés que servirá como base para debatir sobre a racionalización do uso das tecnoloxías da información e da comunicación, previndo as adiccións a redes sociais e condutas relacionadas. No caso de “Diario de Greg 2: la ley de Rodrick”, o obxectivo será reducir a intensidade no consumo de alcohol en menores, fomentando unha actitude crítica fronte á publicidade. Finalmente, a exitosa “Super 8” servirá como reforzo para retrasar o inicio de conductas aditivas no colexio. Ademais, permitirá analizar o risco da busca de novas sensacións a través dunha actitude que minimiza a percepción dos riscos reais.

O programa “Cinensino 2011-2012” está incluído no Plan Nacional contra a Drogadicción. Organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, conta coa financiación da Consellería de Sanidade.

Ames a Esquerda – regulamento de participación veciñal

Ames a esquerda solicita que se cree o regulamento de participación veciñal para a presente lexislatura.

 

Amesnaesquerda4

Brión – terceiras xornadas musicais Santa Cecía

AS TERCEIRAS XORNADAS MUSICAIS “SANTA CECÍA” DE BRIÓN INCLUIRÁN COMO NOVIDADES UN CONCERTO DIDÁCTICO E UNHA CONFERENCIA SOBRE MÚSICA

José Vicente Faus, percusionista da Real Filharmonía de Galicia, impartirá un curso de “Iniciación á percusión”

24 de outubro de 2011.- A escola municipal de música Magariños e o Concello de Brión organizan a terceira edición das Xornadas Musicais Santa Cecía, que este ano abriranse aos veciños e veciñas de Brión a través dun concerto didáctico e unha conferencia sobre música tradicional galega. Un programa que non esquence a súa parte formativa, xa que inclúe un curso de iniciación á percusión para o que hoxe se abre o prazo de inscrición ata o vindeiro 18 de novembro.

Deste xeito, as III Xornadas Santa Cecía 2011 terán lugar entre o 19 e o 26 de novembro, datas nas que José Vicente Faus Faus, percusionista da Real Filharmonía de Galicia, impartirá un curso de iniciación á percusión en horario de 9:00 a 14:00 horas. O director da escola municipal de música Magariños, Carlos Pintor, epxlica que “o obxectivo principal é brindar aos interesados as ferramentas básicas para abordar o estudio dos instrumentos de percusión máis comúns e sinxelos, dende exercicios prácticos de percusión corporal ata instrumentos coma placas, caixa, bongo, pequena percusión...”.

O curso ten un prezo de 20 euros e está dirixido a maiores de 8 anos. O prazo de inscición está aberto ata o 18 de novembro na sede da escola municipal de música Magariños ou no teléfono 981 50 99 03.

Concerto didáctico

Por outra banda, o vindeiro martes 22 de novembro, día da conmemoración da patroa dos músicos, o Quinteto de Metais Santa Cecía ofrecerá un concerto didáctico no auditorio do centro social polivalente de Brión. “O concerto terá unha duración aproximada dunha hora con obras especialmente atractivas para o público, cunha variada selección de obras dende o Renacemento ata a música Contemporánea”, explica Carlos Pintor. A actuación comezará ás 20:00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Finalmente, o luns 21 de novembro, Pablo Carpintero Arias, un dos máis prestixiosos representantes da música tradicional galega, ofrecerá en Brión a conferencia "A música tradicional galega nos séculos XIX e XX". A cita será ás 20:00 horas na Aula 6 da Escola Municipal de Música Magariños (Pedrouzos-Brión). A entrada será libre e gratuita ata completar aforo.

“Pablo Carpintero Arias vén realizando unha intensa labor encamiñada a recoller información de primeira man sobre a música de tradición e os instrumentos musicais que emplea. Este traballo levouno á gravación do disco "Os sons esquecidos", sinala Carlos Pintor.

Santiago – curso para o grao de eduación secundaria

Este martes 25 de outubro, no CEIP APÓSTOLO SANTIAGO INICÍARASE O CURSO DE PREPARACIÓN PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

A primeira sesión do Curso de preparación para obter o Título de Graduado en Educación Secundaria terá lugar mañá, martes 25 de outubro, a partir das 19 horas no CEIP Apóstolo Santiago (Rúa de Betanzos 55). Este curso está organizado pola Fundación RADIO ECCA en colaboración co Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación e dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que non posúan o título de Graduado en Educación Secundaria e que desexen prepararse para as probas libres que convoca anualmente a Xunta de Galicia.

As sesións terán lugar todos os martes e xoves e quedan prazas libres. Para matricularse no curso ou para máis información poden poñerse en contacto coa Fundación Radio Ecca no número de teléfono 981 293 658 ou co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, no teléfono 981 554 400/401

Ames – campaña da asociación comerciantes do Milladoiro

As compras en Milladoiro teñen premio

A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais de Milladoiro (AEMI) presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrólase en Milladoiro dende hoxe 24 de outubro e ata o 4 de novembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros. Á presentación desta campaña asistiu o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, e o Secretario Xeral da Federación Galega do Comercio, Luís Fernández Díaz, o Vicepresidente de la Federación provincial de comercio, Miguel Agromayor, e o Presidente a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) , Carlos Neira.

Neste acto o rexedor explicou que é importante apoiar ao pequeno comercio e dixo que “é positivo que esta campaña se faga aquí en Ames e que é preciso traballar para reactivar o comercio”. Pola súa parte, dende AEMI esperan con esta campaña “ter presenza de máis xente nas tendas”. Carlos Neira tamén anunciou que a partir de agora as asociacións de comerciantes de Bertamiráns (ACB) e de Milladoiro (AEMI) farán actos en conxunto e puxo como exemplo o Convenio de Colaboración entre ambas asociacións firmado recentemente para o sorteo conxunto dun coche eléctrico e ecolóxico.AMES - AEMI CAMPAÑA OUTUBRO 2011

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional desta vila poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Manuel Murguía ou ás promotoras que se atoparán polas rúas, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 4 de novembro, nunha carpa ubicada na mesma Praza Manuel Murguía, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademáis que os clientes que aporten ás promotoras o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e Tarxeta Comercio de Novacaixagalicia, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña será publicitada nos establecementos de Milladoiro, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Neste primeiro semestre do ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Milladoiro, contando para elo coa colaboración de AEMI, que preside Carlos Neira.

Fudación Araguaney – descargar xornal Amal do luns 24 outubro 2011

Descargar xornal Amal luns 24 de outubro

Ames – sorteo dos membros das mesas electoráis

Esta mañá realizouse o sorteo para elixir os membros das mesas electorais de cara as elección xerais do próximo 20 de novembro

Carmen Fraga Crespo tomou posesión como concelleira do grupo municipal socialista

Ames, 24 de outubro de 2011. Este luns pola mañá celebrouse un Pleno Extraordinario na Casa do Concello para tratar dous puntos. Nesta sesión plenaria procedeuse ao sorteo de xeito aleatorio das persoas que ocuparán as 36 mesas electorais que haberá en Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, que terán lugar o domingo 20 de novembro. Un total de 21.528 persoas poderán votar en Ames. O alguacil municipal xunto coa Policía local serán os encargados de notificarlle a cada persoa que saíu elixida para formar parte dalgunha das mesas electorais. Ademais, Carmen Fraga Crespo tomou posesión como concelleira do grupo municipal socialista, despois de que Lidia Rey presentase a súa renuncia como concelleira da corporación municipal.

Máis de 21.000 persoas están chamadas ás urnas en Ames nas vindeiras eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Este luns pola mañá, ás 8:30 horas, celebrouse unha sesión plenaria que serviu para elixir ás persoas que ocuparán as 36 mesas electorais do Concello de Ames nas próximas eleccións xerais, que se celebrarán o día 20 de novembro. Este proceso levouse a cabo de xeito aleatorio e para iso empregouse un sistema informático no que se meten todas as persoas censadas con dereito a voto que hai no municipio amiense e de xeito automático procédese ao sorteo para determinar os integrantes das mesas electorais.

Nestas eleccións haberá 36 mesas electorais, ao igual que sucedeu nas pasadas electorais municipais celebradas o 22 de maio. A estas eleccións están chamados un total de 21.528 electores. O Milladoiro será o núcleo que contará cun maior número de mesas electorais ao ser a localidade con maior número de poboación con dereito a voto. Deste xeito, Milladoiro conta con 8.421 electores e 12 mesas electorais, mentres que Bertamiráns dispón de 9 mesas electorais e 4.776 electores.
Durante as próximas datas o persoal do Concello de Ames notificaranlle a todas as persoas que saíron elixidas que mesa electoral teñen que ocupar. Os encargados de realizar as notificacións serán o alguacil municipal e os axentes da Policía local. Cada mesa electoral está formada por 3 persoas e hai 2 suplentes por cada membro. Polo tanto, por cada mesa electoral realízanse 9 notificacións. No caso de que sexa imposible a notificación e localización dunha determinada persoa pasarase a seguinte da lista e esta irá correndo en función das persoas que non sexan localizadas.
Distribución das mesas electorais
Comezando polo noroeste do concello, aos veciños e veciñas censados en Agrón correspóndelles votar no teleclub do campo da igrexa desta parroquia. Todo Lens e todo Trasmonte comparten como colexio electoral a antiga escola de Trasmonte. A xente de Piñeiro acudirá votar tamén á antiga escola unitaria desta parroquia.
No caso de Ames os recintos divídense dependendo dos lugares de residencia dos votantes. Así, os electores e electoras de Oca, Seares de Abaixo, Seares de Arriba e de Tapia, terán que acudir ao local social de Tapia, situado en Frenza. A xente de Barouta, Carreira, Cruxeiras, Lamas, Outeiro, Quintáns e Pedrouzos-Vilar votarán na escola de Cruxeiras. Por último, as persoas censadas en Augapesada, Castiñeiro de Lobo, Proupín, Castelo, Pousada, Pegariños, Padrón e Pedras teñen asignado o colexio electoral do teleclub de Augapesada.
Da outra banda da estrada toda a xente de Covas terá que achegarse á urna da escola infantil para depositar o seu voto. Os electores de Ameixenda votarán no teleclub da parroquia. Se nos trasladamos a Bugallido, atopamos que os electores de Barreiro, As Buceleiras, Eirapedriña, Framán, Guimaráns, O Instrumento, Mourigade, O Outeiro e Quistiláns teñen asignado como lugar para votar o local social de Guimaráns. Os de Firmistáns e Tarrío votarán na antiga escola de Firmistáns.
En Ortoño atopamos tres grandes áreas con distintos destinos á hora de votar. A xente de Bertamiráns -incluídos os lugares do Casaliño, O Pedregal, Castrigo, Cantalarrana, Carballido e A Condomiña- votará ao completo na Casa da Cultura, situada na praza de Chavián. A urbanización Aldea Nova ten asignado o local social. Os arredores de Bertamiráns -A Igrexa, As Cortes, O Instrumento, Lapido, Maguxe, Ortoñiño, As Punxeiras Altas, A Tarroeira, Sisalde e O Santo- votarán na escola infantil da Tarroeira.
Esta división urbano-periurbano tamén se lle aplica á parroquia de Biduído, na que se asenta o núcleo do Milladoiro. Todos os censados deste lugar terán que depositar o voto na mesa que lles corresponda do pavillón polideportivo municipal da Travesía do Porto. Ventín, Coira, Fraíz, A Moniña e O Paramuíño teñen asignado o colexio de Ventín. Biduído de Abaixo, Biduído de Arriba, Casanova, Costoia, Framil, A Agrela, A Igrexa, Raíces, As Mimosas e Millalar terán que votar na antiga escola de Biduído de abaixo.

Silleda – polémica sobre o mercado de gando

Paula Fernández: “É momento de deixarse de localismos co debate do mercado de gando”

-A alcaldesa de Silleda considera que á marxe da liberdade de opinións, débese de ter en conta o interese xeral “sobre todos nestes momentos de crise e facer unha aposta decidida por contar cun mercado que sexa referente”

Silleda, 24 de outubro de 2011. Logo das múltiples informacións aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación sobre o mercado de gando de Amio e o seu futuro, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, apela ao sentido común “por riba de ideoloxías” neste asunto.

Fernández Pena lembra que hai escasamente un mes a Consellería de Presidencia, como máxima responsable da Fundación Semana Verde de Galicia, lle informou do posible traslado do certame de Amio, a petición do Concello do Santiago, ao recinto feiral silledense. Ademais, según se indicou daquela, ese traslado, unificando os dous mercados, se faría efectivo en breve, a finais deste ano.

Neste senso, Paula Fernández avoga pola prudencia á espera de que se tomen decisións sobre o asunto . “Creo que é o momento de deixarse de localismos co debate do mercado de gando. É bo que haxa diversidade de opinións, e por suposto, é moi lexítimo que cada un defenda os intereses do seu pobo, mesmo por riba de siglas políticas”, di a alcaldesa. “Pero o que non é de recibo é que dentro da propia comarca do Deza haxa voces discordantes, e que algúns tomen como máxima á hora de facer oposición usar o non polo non”, di sobre as últimas manifestacións do PSOE de Lalín. “Non me doerán prendas en criticar as voces do meu partido cando así a considere oportuno, e penso que neste caso os compañeiros de Lalín están moi equivocados”, engade.

Sobre a oferta de Oroso, a alcaldesa de Silleda dí que o rexedor está en todo o seu dereito, pero que, “coa que está caendo o que non se pode e seguir coa política de facer en Galicia reinos de taifas con servizos, recintos e outras instalacións”. Por iso, “e sempre no caso de que o Concello de Santiago decida finalmente trasladar o mercado de Amio”, remarca a alcaldesa, as instalacións de Silleda, dentro dun recinto que conta xa con todos os servizos, “serían as máis axeitadas para que Galicia conte cun mercado gandeiro unificado que poida ser referente en todo o Estado”.

Paula Fernández incide en que é necesario “deixarse de polémicas e oportunismos que non veñen a nada”, agardar a que se tomen ou non decisións e atender tamén ás demandas e necesidades dos colectivos implicados directamente, coma gandeiros e tratantes.

Santiago – axenda martes 26 de outubro

Martes 25

10.00 h

En Toledo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio marco de colaboración co Ministerio de Cultura, dentro dos actos da presidencia de Santiago do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, para presentar o programa de actividades formativas para a xuventude do último trimestre do ano.

13.00 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.15 h

No Centro Sociocultural da Rocha, Encontros con CARLOS ABELLÁN RUÍZ. CONFERENCIA Vicisitudes da estación do ferrocarril compostelán: historia, actualidade e futuro. Presenta: José Luis Piñeiro Nóvoa.

20.00 h

En San Pedro de Mezonzo nº39, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á entrega de medallas do Colexio de Médicos.

20.30 h

Na Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á recepción do Congreso Nacional de Maxistrados.

20.30 h

No Auditorio de Galicia, proxeccións de curtametraxes da sección 'Panorama Galicia' dentro de +Curtocircuíto.

18.00, 20.00, 22.00 e 23.59h.

No Teatro Principal, proxección de varios filmes dentro do IX Festival internacional de Cine Euroárabe Amal.

Teo – o pleno retiraralle a Franco o nomeamento de alcalde honorario

O PLENO RETIRARALLE Ó DITADOR FRANCISCO FRANCO O NOMEAMENTO DE “ALCALDE HONORARIO” DO CONCELLO DE TEO

· A comisión informativa de Cultura celebrada esta mañá ditaminou favorablemente esta proposta que se debaterá e votará no pleno ordinario deste próximo xoves

24 de outubro de 2011. O pleno ordinario do Concello de Teo debaterá este xoves a proposta da alcaldía de retirar o nomeamento de “alcalde honorario” de Teo ó ditador Francisco Franco. Este tema xa se levou a comisión informativa esta mañá onde foi ditaminada favorablemente cos votos a favor de todos os grupos.

Segundo se explica na proposta da alcaldía a labor de estudo e catalogación realizada polo arquiveiro municipal de Teo fixo posible que este pasado verán se localizase a documentación que permitiu coñecer que Franco fora nomeado no ano 39 alcalde honorario de Teo.

A proposta que se leva a pleno propón a retirada do nomeamento como “alcalde honorario” ó ditador ademais de condenar o levantamento militar e a ditadura que eliminou a democracia das institucións. O grupo de goberno tamén destaca que esta decisión se adopta “en recoñecemento do sufrimento da vítimas da ditadura, e co obxectivo de que estes denigrantes feitos non caian no esquecemento”.

Na documentación histórica aparecida no arquivo municipal pódese ver que o 17 de xuño do ano 1939, o alcalde do Concello de Teo e catro concelleiros, se reúnen en sesión extraordinaria para nomear “Alcalde Honorario da Corporación de Teo a Francisco Franco Bahamonde, Xefe do Estado Español”. No estudo realizado tamén apareceu unha certificación do citado acordo plenario enviado ó Gobernador Civil da Provincia.

BNG Ordes – o BNG acusa o alcalde de ocultar a tramitación do PXOM

O BNG ACUSA A REGOS DE OCULTAR A TRAMITACIÓN DO PXOM AOS VECIÑOS DE ORDES

Gonzalo Castro afirma que o alcalde impediu que os veciños presentasen suxerencias ao avance do PXOM

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde, Manuel Regos, de “ocultar a tramitación do PXOM aos veciños”.

Gonzalo Castro salientou que “despois de retrasar deliberadamente a tramitación do PXOM de Ordes durante catro anos, de súpeto ao alcalde entralle a presa e prescinde da posibilidade que lle da a Lei de elaborar un avance do PXOM e dar audiencia aos veciños para recoller as súas suxerencias”

Esta atitude do alcalde, para o portavoz nacionalista, “vai mermar a participación da veciñanza nun instrumento moi importante para o desenvolvemento non só urbanístico, senon incluso socioeconómico do concello de Ordes, xa que só poderán presentar alegacións ao documento completo de aprobación inicial do PXOM despois de que sexa aprobado polo Pleno, e despois dos correspondentes informes da Xunta de Galiza, privándolles da posibilidade de participar activamente na elaboración dun instrumento fundamental para o futuro de Ordes”.

Segundo Castro, “este afán do alcalde por esconder aos veciños a elaboración do PXOM ven a reafirmar as sospeitas do BNG de que detrás da lentitude na tramitación do PXOM e do obscurantismo que rodea á mesma, existen intereses inconfesábeis que abocarían a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel.”

O portavoz municipal do BNG anunciou que “o BNG informará aos veciños do contido do PXOM e defenderá a aprobación dun PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes. “

Santiagoycomarca- as notas de prensa máis vistas da semana

 
Estas son as cinco notas de prensa máis visitadas na web desde o pasado día 17
 
1 PP Brión – el juzgado de Negreira investigará al alcalde de Brión
2 Psoe Negreira – cursos nas parroquias
3 Santiago – Forum gastronómico
4 Santiago - O alcalde, convencido de chegar a un acordo cos tratantes de gando sobre Amio
5 Oroso – firma de convenio con la Caixa

Ames – XII carreira pedestre

A choiva non impediu que máis de 800 persoas participaran na XII Carreira Pedestre Concello de Ames

Á carreira asistiron ademais do alcalde de Ames, Santiago Amor, e varios concelleiros, o Consellerio de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez

Os gañadores absolutos da carreira foron, Robertas Geralavicius na categoría masculina e María Carmen Penas Blanco na femininaAMES - CARREIRA PEDESTRE 2011

Ames, 23 de outubro de 2011. Esta mañá celebrouse no paseo fluvial de Bertamiráns a décimo segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Trátase dun evento consolidado no termo municipal de Ames que reúne cada ano a moitos atletas de toda a contorna e doutras localidades de Galicia. Este ano os gañadores absolutos da carreira foron, Robertas Geralavicius na categoría masculina e María Carmen Penas Blanco na feminina. Este ano bateuse o récord de inscricións chegando ás 1.200 persoas inscritas, pero finalmente houbo 813 participantes. Á carreira asistiron ademais do alcalde de Ames, Santiago Amor e varios concelleiros, o Conselleiro de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez que foi o encargado de dar a saída da carreira dos diferentes grupos de veteranos.

O alcalde de Ames Santiago Amor, o concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro e a concelleira de Atención e Mediación veciñal, Carmen Verde entregaron trofeos aos os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos. Ademais dos premios houbo tamén un sorteo de camisetas, gorros e balóns para varios dorsais que se elixían ao azar.

Cada ano que pasa a afluencia de deportistas é maior e nas rúas de Bertamiráns xúntanse un gran número de persoas que gozan practicando este deporte. Este ano a choiva non foi impedimento para que centos de persoas, corredores e acompañantes, se achegasen ata esta cita deportiva. Ademais ao organizarse unha semana antes que a Carreira pedestre popular de Santiago de Compostela, esta proba conta cunha gran participación de atletas que veñen a Ames co fin de preparar a proba santiaguesa. Os primeiros corredores tomaron a saída ás 11:00 horas da mañá dende o paseo fluvial de Bertamiráns.AMES - CARREIRA PEDESTRE 2011_TROFEOS

O percorrido e a distancia da carreira foron distintos segundo a categoría e a idade dos participantes. A traxectoria máis longa foi de 7.500 metros e foi a que seguiron os corredores das categorías xuvenil-júnior, promesa-sénior e dos diferentes grupos de veteranos. Os participantes das categorías infantil e cadete correron nun circuíto de 2.500 metros, os alevíns de 1.500 metros, os benxamíns e prebenxamíns seguiron unha ruta de 500 metros.

O control da carreira estivo a cargo do comité de xuíces e cronometradores da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela. A proba foi de carácter estritamente deportivo e popular e nela imperou o espírito e o comportamento deportivo por parte dos participantes.

Ames a Esquerda – petición de nova parada de autobús en Framil

A alternativa veciñal Ames a Esquerda ven de entregar no rexistro do concello a petición dunha nova parada para os atobuses que fan o percorrido Framil – Viduido e que estaría situada no lugar de Agriña.

 

AMES A ESQUERDA - SOLICITUDE DE NOVA PARADA

Fundación Araguaney – claveles para el inicio de AMAL

Cientos de claveles rojos marcarán el inicio del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal

Santiago de Compostela, Domingo 23 de Octubre de 2011. Mañana comienza el tan esperado Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal.

La forma en que la organización ha decidido marcar el inicio del certamen es repartiendo cientos de claveles rojos por todas las calles de la ciudad. Esta misma tarde y mañana lunes día 24, un ejército de voluntarios se encargarán de recorrer rúas, plazas y parques de Compostela entregando a sus transeúntes la flor del Festival Amal.

Como platos fuertes de la primera jornada destacan el inicio del Ciclo de Cine Infantil, una actividad consistente en la proyección de dos cortometrajes para grupos de escolares de primaria, que será a las 11 de la mañana en el Hotel Araguaney; los coloquios con Marc Almodóvar, director del documental “Erhal. Diario de la plaza Tahrir” y Felipe Laxe, hermano de Oliver Laxe, director de “Todos vós sodes capitáns”, así como el concurso de cortometrajes “Amal Express”. “Amal Express” es una actividad que ha tenido un gran éxito en anteriores ediciones; consiste en hacer un corto en tiempo récord. Los participantes tendrán 96 horas desde que se anuncie el tema clave sobre el que deberá girar el cortometraje. A las 12 del mediodía del lunes se hará pública la palabra clave en la web del festival Amal, y partir de ahí tendrán 96 horas para elaborarlo y subirlo a Internet para que pueda ser votado. El ganador del concurso se llevará un premio de 500 euros que se le entregarán en la Gala de Clausura del Festival, el sábado 29 de Octubre.

Desde mañana lunes, la Galería Caroní de la Fundación Araguaney (Rúa do Vilar, 21) y la Galería de Arte del Hotel Araguaney (Montero Ríos, 25-27) expondrán los carteles que este año han sido candidatos para ser imagen del Festival, para que el público conozca el trabajo de los creadores de los carteles y se anime a elaborar el suyo para la próxima edición.

Santiago - máis de 1700 candidaturas na I Feira Internacional de Emprego

22/10/2011 Os candidatos e as entidades participantes entrarán en contacto mediante as xestións do Servizo Local de Emprego. O número de ofertas de traballo confirmadas ata o momento aproxímase ás 200. O programa de xornadas estará dispoñible nos vindeiros días.

A I Feira Internacional de Emprego (FIE) se celebrará en Santiago de Compostela durante os días 3 e 4 de novembro. Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), pretende dinamizar e mellorar o mercado de emprego local a través do contacto entre empresas que ofertan postos laborais e demandantes de emprego.
Durante as tres primeiras semanas de outubro máis de 1700 persoas enviaron o seu currículo a través da páxina web www.feiradoempregosantiago.org. O proceso, totalmente gratuíto e no que podían participar todas as persoas desempregadas ou que estean procurando unha mellora de emprego e residentes no Concello de Santiago, permite optar como candidato ás entrevistas de selección das empresas que acudan ao evento.Cartaz das xornadas
Ata os días previos á celebración da Feira, o Servizo Local de Emprego do Concello desenvolve un protocolo de intermediación laboral que facilita o contacto entre os candidatos más axeitados e as ofertas presentadas polas entidades participantes. Un equipo de técnicos expertos en orientación e inserción profesional está xa a valorar os currículos aportados e comunicará aos seleccionados a data e hora da/s entrevista/s e/ou proba/s concertada/s.
O Servizo Local de Emprego formúlase como un espazo integrador das distintas políticas activas e actuacións municipais que pretenden facilitar a inserción laboral dos desempregados, ademais de realizar a intermediación laboral coas empresas. Entre as súas ferramentas de traballo conta coa Plataforma de Intermediación Laboral, un sistema informático que relaciona o tratamento das demandas laborais coa xestión administrativa interna, e o Boletín de ofertas de emprego Maiscompostela, de distribución gratuíta os martes e xoves, que contén as ofertas de emprego recentes publicadas en xornais e boletíns oficiais.
Ofertas de traballo
Ata o momento, as empresas e entidades participantes na FIE confirmaron 198 ofertas de traballo. Na páxina web pode consultarse toda a información relativa ás empresas que toman parte na Feira Internacional de Emprego: perfís laborais que más lles interesan, requisitos dos candidatos aos postos ofertados e condicións laborais que ofrecen aos futuros traballadores.
Xornadas gratuítas
Baixo o título de ‘Os Novos Mercados de Traballo e as Estratexias Innovadoras para a Busca de Emprego’, a Feira Internacional de Emprego desenvolverá durante dúas xornadas unha serie de obradoiros e conferencias de asistencia totalmente gratuíta. O programa completo destas xornadas, nas que tomarán parte diversos especialistas en materias relacionadas coas habilidades laborais e a busca efectiva de emprego, será feito público nos próximos días. Os interesados en participar nestas xornadas deberán inscribirse a través da páxina web da FIE, www.feiradoempregosantiago.org, nun prazo que será anunciado nos vindeiros días.

Santiago - recuperación da Finca do Espiño

21/10/2011 O proxecto de recuperación para o uso público da Finca do Espiño volve a botar a andar tras 10 anos de parálise e de litixios entre o Concello e a empresa promotora, Layetana. Un protocolo de intencións, que en breve se plasmará nun convenio, reactivará esta iniciativa, que propiciará a rehabilitación do pazo do Espiño, a rexeneración para o uso público do parque e a reactivación da economía local grazas a construción de 120 vivendas.

Conde Roa explicou que o "bloqueo absoluto" deste proxecto non beneficiaba a ninguén, nin ao Concello nin á empresa". De aí a sinatura do protocolo, que revisa os termos do convenio urbanístico asinado en 2001 para reactivar a iniciativa, que suporá un investimento duns 24 millóns de euros nun momento de crise económica e de dificultades do mercado inmobiliario.Vista xeral da rolda de prensa.
Un dos cambios que se introducen é o cambio da cualificación do solo para edificación residencial comunitaria a exclusivamente residencial, rexido polo tanto pola ordenanza catro do Plan Xerar de Ordenación Municipal (PXOM). Esta decisión implicará unha modificación puntual do devandito Plan, establecendo unha cualificación urbanística que, segundo o alcalde "non permite diferentes interpretacións".
Outra das novidades é que o edificio dun só bloque inicialmente previsto dividirase agora en varios bloques, "facilitando a permeabilidade da paisaxe un mellor deseño da finca". Neste punto aclarou que "non se aumenta a edificabilidade" e, ademais, "redúcense a densidade, pasando de 164 a 120 vivendas".
Con empresas locais
No protocolo e no próximo convenio, a promotora asumirá que ese investimento de 24 millóns de euros "será executado por provedores e empresas locais". Neste sentido, destacou a "importante inxección" que o proxecto suporá para a economía local. A empresa tamén se comprometeu a realizar un "proxecto moi coidado", coa conseguinte convocatoria de concurso para o mesmo, asegurou Conde Roa.
A promotora –recordou- asume a rehabilitación do pazo do Espiño, para o a cal existía un proxecto do arquitecto francés Jean Nouvel. Xunto a este edificio recuperarase para o uso público o parque, unha superficie pública duns 18.000 metros cadrados.
A sinatura do convenio suporá que a empresa retirará os litixios abertos contra o Concello, o que supón "empezar de novo", en palabras do conselleiro delegado de Layetana, Santiago Mercadé. Xunto a este e o alcalde compareceron na rolda de prensa a concelleira de Urbanismo, María Pardo, e o avogado Juan Raposo.

Oroso – acondicionamento do antigo centro de saude

O CONCELLO DE OROSO ACONDICIONARÁ O INMOBLE DO ANTIGO CENTRO DE SAÚDE PARA CONVERTILO DENDE XANEIRO NA SEDE DA AULA DE MÚSICA

O Concello creará unha comisión de seguemento da Aula de Música, en contacto cos pais, para evitar os problemas de anos anteriores

22 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso vai acondicionar o inmoble do antigo centro de saúde de Sigüerio para convertilo na sede permanente da Aula de Música dende o vindeiro mes de xaneiro. Así o confirmou o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, a unha vintena de pais e nais de Oroso durante unha reunión informativa para a posta en marcha da Aula de Música celebrada na noite de onte no centro cultural de Sigüeiro.

Antonio Leira explicou que “o noso obxectivo é que os nenos aprendan música, desenvolvan o seu sentido musical e o pasen ben. Se iso desemboca nunha banda de música, pois mellor, pero agora o que temos é que empezar cun local e cun proxecto novos. Por iso a partir do mes de xaneiro teremos un espazo propio para a Aula de Música e uns profesores que establecerán uns horarios fixos para as distintas idades e os distintos niveis”. OROSO - CHARLA ESCOLA MUSICA

Ese novo espazo ubicarase en cinco salas do inmoble do antigo centro de saúde, cuxas chaves acaban de ser entregadas pola Xunta ao Concello de Oroso. Neste vindeiro trimestre, o Concello de Oroso realizará obras de acondicionamento interior do inmoble para adaptalo á súa función como sede da Aula de Música. Unhas obras que inclúen, por exemplo, unha reorganización dos aseos no inmoble, xa que cada unha das cinco futuras aulas dispón na actualidade de baños. A intención do Concello de Oroso é deixar uns baños comúns e gañar así máis espazo para as aulas.

Comisión de seguemento

Leira Piñeiro coincidiu cos pais e nais presentes na reunión en que esta actividade naceu con moita ilusión pero que o servizo foise deteriorando progresivamente dende que houbo que deixar as instalacións que estaban a usar os rapaces no CEIP de Sigüeiro por decisión da Dirección do Centro. Iso motivou continuos cambios nos horarios das clases, que tiveron que trasladarse ao centro cultural de Sigüeiro. Os cambios de sede e de horarios, unidos a un descontento xeralizado do profesorado coa empresa que prestaba o servizo, fixo que o servizo se fose deteriorando pouco a pouco e que o número de participantes minguara de xeito progresivo.

“Agora imos empezar cun local permanente e cun proxecto novos”, explicou Antonio Leira, quen anunciou a creación dunha Comisión de Seguemento que “será básica para o funcionamento da Aula de Música, evitar que se produzan os problemas de anos anteriores e manter un maior contacto dos pais”. Por iso animou a todos os nenos e nenas que “queiran disfrutar da música” a que se apuntan a esta nova Aula de Música pois “o que buscamos é que se animen a practicar a música e fomentaremos que fagan actuacións e concertos. Que iso deriva na creación dunha banda de música, pois mello, pero agora o que buscamos é que os nenos aprendan música e o pasen ben”.

O Concello de Oroso rematará nos vindeiros días os pliegos de condicións para sacar a concurso o servizo de Aula de Música, que será prestado por unha empresa concesionaria que establecerá as materias e os horarios. O periodo de matrícula abrirase no mes de decembro e as clases comezarán en xaneiro de 2012. “Non vai ser unha escola titulada porque nos iríamos a uns costes moi elevados”, explicou Antonio Leira, quen coincidiu cos pais e nais presentes en que o importante non é tanto o currículum profesional do profesor como a súa empatía cos rapaces.

Ames – charla de Tomás Fernández, director xeral de montes

O Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto deu onte unha charla-coloquio sobre as Sociedades de Fomento Forestal no Pazo da Peregrina

Fernández-Couto detallou tamén información sobre o borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia promovida pola Consellería do Medio Rural

Ames, 22 de outubro de 2011. O Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto deu onte unha charla-coloquio en Bertamiráns sobre as SOFOR. Fernández-Couto presentou para máis de medio cento de persoas que asistiron á charla unha información detallada sobre as Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) creadas co fin de solventar os problemas derivados da grande fragmentación do monte galego que imposibilitan a súa explotación sostible. Fernández-Couto detallou tamén información sobre o borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia promovida pola Consellería do Medio Rural. A Xunta de Galicia traballa neste borrador coa finalidade de fomentar a xestión forestal a partir dun aproveitamento sostible baseado nas particularidades e necesidades do monte galego.AMES - CHARLA DIRECTOR XERAL DE MONTES

O borrador da lei ten como obxectivo regular a ordenación, planificación, defensa e aproveitamento do monte galego, como motor económico e xerador de emprego ao mesmo tempo que ordena os aproveitamentos forestais, valorizando a diversificación das actividades e usos que permite o monte (madeira, caza, biomasa, pastoreo, froitos, cogomelos, uso social, etc.).

Dende o Concello de Ames promóvese esta iniciativa co dobre obxectivo de dar a coñecer as SOFOR e o borrador da lei co fin de mellorar a ordenación e xestión do noso monte, obter rendibilidade, sostenibilidade e reducir o abandono e o risco de incendios forestais. A concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade amiense, Eugenia Martín Vicente, considera que “é moi importante traballar para coidar o nosos montes, e un dos piares fundamentais para iso é informar”, por iso considerou moi interesante a intervención do Director Xeral de Montes, a quen lle agradeceu a súa presencia onte no Pazo da Peregrina.

BNG A Eatrada – petición de mellora da autoestrada Santiago - Ourense

O BNG reclama a mellora do acceso á autoestrada Santiago-Ourense no Alto da Rocha

A Estrada, 22 de outubro de 2011: O BNG da Estrada vén de rexistrar no concello unha moción para a súa aprobación en pleno na que solicita do Ministerio de Fomento e da Xunta a mellora do acceso á autoestrada Santiago-Ourense (AP-53) no Alto da Rocha.

Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, manifestou que “este acceso tal e como está construído é inútil, e mesmo perigoso, para os transportistas de camións pesados e articulados, poñendo en risco as súas propias vidas e a dos demais usuarios da vía”. BNG A ESTRADA - ENLACE COA AUTOESTRADA

“Un desnivel tan pronunciado e unha curva tan pechada en tan curto espazo fan inservíbel e perigoso este acceso para os vehículos pesados, tendo que ir a Chapa, no Concello de Silleda, para entrar na autoestrada Santiago-Ourense” explicou Magariños

O portavoz do BNG demanda con esta moción “o acordo de todas as forzas políticas para que o Ministerio de Fomento, titular da N-640, e a Xunta, titular da PO-505, melloren substancialmente ese acceso, non só porque son moitos os transportistas que así o demandan, boa parte deles da Estrada, senón porque, se non arranxa, A Estrada quedaría afastada desta importante vía de comunicación”.

“Por outra banda,” engadiu o concelleiro nacionalista, “independentemente do resultado da votación en pleno, xa adiantamos que esta será unha das emendas que o BNG presentará aos orzamentos da Xunta e do Estado”.

Silleda – posibilidade de àmpliación da rede de augas

O Concello de Silleda baralla a posibilidade de ampliar a rede municipal de augas ao lugar de Toxa

-Sería a unha actuación a medio ou longo prazo para solventar nun futuro a falta de abastecemento deste lugar próximo ao casco urbano silledense

-Continúan as peticións de gandeiros para abastecemento de auga como medida de emergencia

Silleda, 20 de outubro de 2011. O Concello de Silleda, dende o departamento de Obras e Servizos que dirixe o concelleiro Manuel Cuíña, continuou na xornada de hoxe xoves a prestar axuda en casos de emerxencia por falta de auga. Logo de facilitarlle o subministro a tres explotacións gandeiras que precisaban auga con urxencia, hoxe o camión cisterna de Protección Civil serviu a outra granxa máis de vacuno, situada na parroquia de Laro, unha das moitas zonas do rural onde a seca está a mermar pozos e traídas particulares en poniendo en risco as explotacións.

Por outra banda, ante os problemas pola falla de subministro no lugar de Toxa, dende o citado departamento estase a barallar a posibilidade de ampliar a traída de augas municipal a esta localidade, tendo en conta a súa proximidade ao casco urbano de Silleda. “Estamolo a estudar, ainda que sería unha actuación a medio ou longo prazo coa que se podería facer fronte a problemas coma os que están a sufrir os veciños deste lugar ante a sequía xeralizada”, engade Cuíña Fernández.