O Outono Codax chegará en outubro a sexta edición (vídeo)

Santiago, 06/07/2016 - O Outono Códax celebra este ano a súa 6º edición con Le Fields e Martha High, dúas das grandes voces do soul contemporáneo. Onte era presentado o festival no hotel Virxe da Cerca de Santiago e este é un pequeno resumo do acto.

Outros datos

O soulman estadounidense, unha das estrelas que protagonizan o rexurdimento actual do clasicismo musical negro, actuará por primeira vez en Galicia no que será un dos seus 6 únicos concertos en todo o Estado
A cegadora Martha High, eterna compañeira artística de James Brown, presentará o seu último traballo, sinalado por parte da crítica como o mellor disco de soul do que vai de ano
Ao ciclo únense os míticos The Pretty Things, considerada a mellor banda británica de rhythm&blues de todos os tempos, para ofrecer un peche de luxo ao Outono cun deses explosivos directos que os manteñen á altura da súa propia lenda
A fascinante mestura de ritmos afrocubanos e rhythm&blues dos sicilianos Virgina Brown&The Shameless; a elegancia de Luke Winslow como líder dos novos tradicionalistas de Nova Orleans; e os poderosos sons dos cataláns Wax&Boggie e os asturianos Trash-Tornados redondean esta 6ª edición do festival
Fiel ao seu compromiso coa música feita en Galicia, o Outono Códax 2016 inclúe no seu cartel l The HellBuckers e Andhrea&The Black Cats

Ningún comentario: