Lalín licita a primeira parte da mellora da rolda leste

Lalín, 06/07/2016 - O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte o anuncio da licitación do primeiro proxecto para a mellora integral da Rolda Leste. O prego de cláusulas administrativas para este primeiro contrato contempla un investimento de 299.300 euros e servirá para desenvolver as actuacións de arranxo do tramo que vai da Avenida de Ourense (á altura da subestación de Fenosa) ata a Estrada do Rodo.
Precisamente unha das intencións do Goberno local é mellorar canto antes a situación da estrada na zona próxima aos colexios, para que presente unha situación inmellorable no menor prazo de tempo posible, na medida que o permitan as condicións meteorolóxicas. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen de prazo ata o vindeiro 1 de agosto e o prazo de execución destas actuacións, unha vez as obras estean adxudicadas, é dun mes. 

Ademais, está previsto que a principios da próxima semana saia a licitación o segundo dos proxectos, por un importe 502.026,20 euros, e que permitirá actuar no treito restante desta vía de comunicación. En total, o Goberno local investirá nesta iniciativa máis de 800 mil euros -procedentes dos plans da Deputación provincial- para acometer as actuacións necesarias co obxectivo de mellorar por completo o estado da Rolda Leste, que na actualidade “presenta unha situación moi deficiente, despois de que o anterior Goberno permitise o seu deterioro en tempo récord”.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, indica que con este trámite o Goberno municipal “demostra con feitos o seu compromiso por darlle solución a unha das necesidades máis clamorosas para o Concello en materia de infraestruturas”. A Rolda Leste configúrase como unha das arterias de comunicación fundamentais para o municipio, xa que esta estrada é empregada a diario por centos de vehículos e, ademais, permite desviar boa parte do tráfico pesado do casco urbano, “polo que a necesidade de que estea nas mellores condicións é absoluta, sobre todo para garantir a seguridade viaria”. “Lamentablemente”, afirma o rexedor, “o anterior Goberno non soubo estar á altura das circunstancias e consentiu que a Rolda Leste permanecese durante anos en estado de total abandono, o que fixo que na actualidade o seu firme presente unhas condicións insufribles e impropias dun eixe de comunicación tan importante”.

É por iso polo que a mellora da Rolda Leste foi un dos principais obxectivos que se marcou o Goberno local nada máis tomar posesión. O propio alcalde definiu como “unha obsesión persoal” a necesidade de darlle unha solución a esta estrada. Neste sentido amosou a súa enorme satisfacción polo feito de que “por fin se vaian executar unhas obras tan necesarias e demandadas pola cidadanía”. Ao mesmo tempo, agradeceu a implicación da Deputación con este proxecto, “unha actitude que contrasta coa falta de compromiso das administración autonómica e central nesta iniciativa”. Neste sentido, lamentou “a inacción da Xunta e do Goberno central, que nos obrigou a activar os fondos que nos chegan da Deputación para que a situación de deterioro da Rolda Leste non se prolongue por máis tempo”. 

O proxecto técnico advirte de que a situacións das capas inferiores do firme podería acabar por provocar "o colapso total do mesmo, ademais da existencia de zonas de escaso cuarteo, outras con deflexiones importantes e fatiga da capa de rodadura e otras moi bacheadas, ruidosas e perigosas para la estabilidade e seguridade da circulación. Agora vaise substituír a capa máis superficial mediante fresado ata unha profundidade máxima de 7 centímetros e a reposición del firme reforzado.

Nos tramos nos que existe un maior deterioro, procederase ao baleirado dos materiais da explanada para cambialos por outros e repoñer a capa estrutural do firme. La excavación alcanzará, como mínimo, los 1,25 metros de profundidade, unha vez estea fresado todo o espesor del pavimento. La nova estrutura asentarase sobre una base de geotextil composta por filamentos de prolipropileno extensible acompañado do material do fresado e unha capa de zahorra, sobre a cal se estenderá una mestura bituminosa en quente e 8 centímetros de capa de rodadura.

Ningún comentario: