O PP de Ames reclama melloras nas bibliotecas

Ames, 09/07/2016 - Estes días pasados, a instancia de numerosas queixas de veciños, membros do Grupo Popular visitaron a biblioteca de Bertamiráns, emprazada na primeira planta da Casa da Cultura da localidade, e puideron comprobar o completo abandono na que se atopa.
O servizo de préstamo e recollida está desatendido, polo que os usuarios poden acceder ao préstamos de libros sen ningún tipo de control. Para a devolución, habilitouse unha simple caixa onde depositar os libros, ou ben poden entregarse na conserxería.

Ademais, a tan demandada Sala de Estudo continúa pechada e sen acondicionar, non téndose iniciada a reforma e acondicionamento da mesma. Cumpre recordar que a finais de Xaneiro, o goberno Tripartito convocou aos veciños para dotar á biblioteca de Bertamiráns dunha sala de estudo. O proxecto consistía na dotación dun espazo de estudo propio, unido á biblioteca, demandado por veciños e usuarios que preparan oposicións e exames, ou realizan diferentes traballos académicos.

Segundo as declaracións do goberno, o que se trataba era de “buscar o mellor xeito de compatibilizar as actividades de animación á lectura, zona infantil, préstamo e sala de estudo”. Abriuse un prazo de 15 días daquela, e proporcionouse aos interesados un plano da biblioteca e un cuestionario para que decidisen que modelo de sala era a máis apropiada e realizar unha valoración económica.

Así, os usuarios votaron o deseño da nova dependencia da Casa da Cultura de Bertamiráns, e o goberno publicou, a finais de febreiro, os resultados da consulta, na que a opción elixida polo 46% dos veciños foi a de unir as salas 1 e 2 e dotar a nova sala de estudo con mesas separadas para catro persoas.

A pesares de que dende o goberno se anunciou a inminencia das obras, tal anuncio a día de hoxe non se materializou. O Partido Popular de Ames considera que o retraso na realización das obras é excesivo, e insta ao Goberno Local a que cumpra o seu compromiso e inicie sen demora dita reforma. Tamén denuncia a situación na que se atopa o servizo de biblioteca, o cal é inadmisible, e insta ao tripartito a que solucione tal deficiencia.

Ningún comentario: