Pacto X Ames vota en contra da Relación de Postos de Traballo

Ames, 04/07/2016 - Pacto X Ames volve a demostra que é o único partido que coñece a realidade de Ames, por iso foi o único partido que votou en contra da aprobación dunha RPT que está moi lonxe do que necesita o Concello de Ames. Crea unha praza de Habilitado Nacional con un custo superior aos 60.000 euros ao ano como é o Adxunto a Secretaría Xeral en detrimento de dous postos da Brigada Municipal pola súa amortización. 

O PP e o partido de Pilar Candocia son cómplices da aprobación deste documento o absterse para “non mollarse” a pesares das numerosas criticas a RPT. E curioso, ou non coñecen o documento que permitiron aprobar ou practican a política de “A Deus rogando e co mazo dando”. Permiten que se aprobe a RPT e agora condenan que saquen ao conserxe de Ventín. Terán que explicar como apoian unha cousa e a contraria ao mesmo tempo.

Pacto X Ames fixo un relatorio de motivos polos que non se debería aprobar a nova relación de postos de traballo proposta polo tripartito, de feito, os danos colaterais xa se están producindo tal é como é o caso do Conserxe de Ventín e tamén do vixiante de obras. Non serán os únicos.

No mesmo documento tamén se contempla a creación dunha praza para outro Arquitecto e suprimen o Vixiante de Obras. O que significa que o urbanismo e os servizos de Secretaría Xeral vanse a burocratizar aínda máis co conseguinte aumento do custe económico.

A RPT tampouco contempla unha soa medida para poñer en marcha a Administración Electrónica tal e como obrigará a lexislación a partir do próximo outubro deste ano. De igual xeito, as primeiras consecuencias desta aprobación xa se están producindo, neste caso na supresión do posto de Conserxe do colexio de Ventín que ocupaba unha persoa dende hai 5 anos e que o concelleiro do BNG, David Santomil, pretende que regrese á Brigada de Obras cando falta pouco máis que un ano para que se xubile.

Un caso similar é a supresión do posto de Vixilante de Obras, tamén a persoa que realiza estes traballos terá que volver ao seu anterior posto na brigada.
Unha RPT que o goberno tripartito vende como puntual cando a realidade é un documento definitivo e que levará consigo a toma de decisión complicadas así como posibles causas xurídicas que poderían ter graves consecuencias para o concello e da que avisou no pleno do pasado Xoves.

A pesar de todo o prometido polo PSOE, PODEMOS e BNG na súa intención de velar polo público e das municipalizacións, o tempo está retratando cales son ás verdadeiras actuacións dun goberno que fai o contrario do que propoñía. Pretendían municipalizar todo e a realidade demostra que non municipalizan absolutamente nada, en moitos casos porque como xa dixera PxA no é viable, os feitos así o demostran.

A Brigada de Obras se está desmantelando, os servizos públicos os seguen privatizando (auga, recadación, limpeza, servizos complementarios etc.).
É non conforme con isto, agora engordan á administración xeral creando postos que, ata o de agora non foron necesarios como o de Habilitado Nacional Adxunto á Secretaría Xeral ou o novo posto de arquitecto para urbanismo e que teñen un custe anual que roldará os 60.000 euros cada un.


Chama á atención que nos mellores anos do crecemento urbanístico non fixeron falta estes postos, e agora o tripartito decide crealos en detrimento de al menos, dous postos na Brigada de Obras.

Ningún comentario: