Boqueixón, 09/07/2016 - Veciñ@s de Boqueixón vén de presentar unha moción na que se solicita o fraccionamento dos impostos municipais así como o reintegro dos mesmos ás familias en risco de Exclusión Social.
Amosando publicacións coa etiqueta AGRUPACION VECIÑAL BOQUEIXON b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AGRUPACION VECIÑAL BOQUEIXON b>. Amosar todas as publicacións
Veciñ@s de Boqueixón solicitan a retirada da Conta Xeral
6/6/2016
- Como todos os anos, a conta non refrexa un adecuado desglose por programas de
gasto, o que fai moi difícil fiscalizar os distintos centros de gasto do
Concello. Ademais, no apartado de ingresos tamén se demostraron diversas
diverxencias, que non foron ainda subsanadas.
Vecios Boqueixón - Condolencias polo pasamento de Xosé Neira Vilas
Fillo de labregos, emigrante, escritor, numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causas polas universidades da Coruña e da Habana, multitude de premios literarios nas súas costas… e veciño. Este foi, é e será Xosé Neira Vilas.
A Agrupación Veciñ@s de Boqueixón quere render unha sentida homenaxe tanto ao escritor como sobre todo ao noso benquerido veciño. Hoxe todos choramos a morte dun dos referentes das nosas letras, mais sobre todo, choramos porque nos deixa un dos nosos máis queridos veciños.
Trasladamos pois as nosas mais sentidas condolencias aos seus familiares directos e amigos sabendo que ainda que hoxe nos deixe, sempre ficará entre nós. O seu Balbino, quedará, por sempre, dentro de nós.
Veciños de Boqueixón - Proposta fiscal
O Grupo Municipal de Veciños vén de presentar unha moción para o pleno deste mércores 11 de novembro ao fin de modificar varias ordenanzas fiscais, axustándoas á realidade actual de Boqueixón e tentar que estas sexan máis sociais. Os Veciños non poden soportar incrementos de máis do 10 % anual no IBI (este ano a recadación por IBI sube un 30% respecto a 2014), nen pagar unha taxa inxusta por abastecemento de auga froito da súa deficiente xestión.
Son pois unhas modificacións realistas e perfectamente asumibles para o concello, e que surtirán os seus efectos na maioría da poboación de Boqueixón.
Modificación do IBI: 1. Reducir o tipo tributario do 0,44% actual ao mínimo permitido na lei, 0,4%. 2. Establecer unha bonificación especial de ata o 50% a todas aquelas zonas do Concello con características rurais. 3. Excluir ou bonificar da base do IBI os Establos independentes da súa dimensión, alpendres e cubertos na totalidade do Concello. 4. Considerar como rústico o chan urbanizable mentras non sexa desenvolvido (sentenza do Tribunal Supremo do pasado 30/05/2014). Modificación do ICIO: OCO 41r 1. Establecer unha serie de bonificacións neste imposto a empresas que xeren emprego.
2. Establecer un tipo reducido en Construccions en solo industrial e naquelas promocións da primeira vivenda. Modificación do IVTM: 1. A redución da taxa nos vehículos de menos de 15,99 cabalos fiscais, así como a exención daqueles vehículos afectos a unha explotación agrogandeira.
Modificación da Taxa de Abastecemento: 1. Recuperar para o concello a explotación do abastecemento de auga e ver a posibilidade de reducir as taxas á situación anterior ao 2012 (incremetáranse máis dun 30%). 2. Eliminar a taxa de alta de contrato no abastecemento de auga así como no sanea mento.
Veciños Boqueixón - Demanda de colaboración cos refuxiados
O Grupo Municipal de Veciñ@s presentou este venres unha moción para a súa discusión no pleno deste mes de Setembro, facéndose eco da crise humanitaria dos movementos migratorios e de refuxiados que se está a vivir en Europa.
É así, que o grupo de Veciñ@s quere solidarizarse con esta crise humanitaria, que considera unha auténtica vergoña, para o cal solicita á UE e aos distintos gobernos Estatais que se cumpran os convenios internacionais e as directivas e regulamentos europeos en Materia de asilo e refuxio.
Ademais, tendo en conta a auténtica situación de excepción que se está a dar, tamén solictamos, como mínimo, que se respeten os dereitos humanos nas fronteiras e que se protexa ás persoas, ademais de garantir a Axuda Humanitaria a todas estas persoas que están a fuxir dos seus países pola guerra e a fame.
Medidas específicas para o Concello de Boqueixón.
O Grupo Municipal de Veciñ@s considera que todas as institución públicas deben cooperar neste drama humanitario, polo que concretamente solicitamos ao Concello que poña as instalacións municipais a disposición do Ministerio de Exteriores e que se vexa a posibilidade de aloxar refuxiados no Centro de Capacitación Agrario que a Consellaría do Medio Rural ten en Quián (Boqueixón).
Ademais, Veciñ@s solicita que se dispoña dun fondo urxente de axuda á cooperación internacional, e que anualmente se destinen o 0,4% dos orzamentos municipais a políticas de cooperación, ao fin de contribuir á mellora das condicións de vida nos países de orixe.
Deste xeito propóñense unha serie de medidas de urxencia a unha situación de extrema urxencia, e por outro lado, solicítase un apoio explícito ás políticas de cooperación, políticas ás que calquer administración pública debera estar
Agrupación Veciñal Boqueixon - Asamblea ordinaria
Cumprindo un dos compromisos da Agrupación de Electores Veciñ@s de Boqueixón, convocouse unha Asemblea Aberta para hoxe Venres 4 de setembro ás 20.30 h ao fin de facer unha análise da política municipal.
Estas reunións serán periódicas e nos distintos locais sociais do Concello, ao fin de que os veciñ@s acudan e prantexen todos aqueles problemas que estimen oportunos, facendo tamén análises políticos das distintas iniciativas presentadas nestes primeiros 100 días de mandato municipal.
É por iso que queremos animar a todos os veciñ@s, non só os de Loureda, a que participen nestas xuntanzas, na que pretendemos discutir varios puntos, recoller iniciativas, e asemade explicar cal é o traballo que está a realizar o grupo municipal.
A política veciñal precisa de horizontalidade, de corresponsabilizarnos todos da acción de goberno, de participar na toma de decisións municipais. Para iso se xestou unha candidatura veciñal. E coa práctica se demostra que os obxectivos da candidatura municipal non foron só promesas electorais.
ORDE DO DÍA:
1) Información dos temas tratados nos plenos municipais desta lexislatura.
2) Propostas de Veciñ@s de Boqueixón.
3) Proposta de traballo para o 4º trimestre do ano.
4) Estrutura da Agrupación de Electores Veciñ@s de Boqueixón e Elaboración da Carta Financeira.
5) Rogos e preguntas.
Veciños de Boqueixón - Sobre as dedicacións exclusivas
Primeiro pleno e comezan os incumprimentos do programa electoral do Partido Popular. A denominada “Estratexia Boqueixón 2020” fala da transparencia, a racionalización do gasto corrente e a eliminación do gasto supérfluo.
A isto adicou o alcalde a primeira semana do seu mandato, a anunciar a baixa de 6 liñas de móbil e a dar de baixa 2 vehículos que están para o lixo. Estas son as medidas “cosméticas” de racionalización do gasto, antes de acometer o primeiro incumprimento escandaloso do
presente mandato.
O expediente plenario do vindeiro xoves establece dúas adicacións exclusivas, cuns altos custos para as arcas do concello (máis de 88.000 €/anuais), demostrando que o equipo de goberno emprega o concello ao seu antollo, como unha axencia de colocación para os seus.
Un concello con apenas 4.400 habitantes non pode xustificar dúas adicacións exclusivas, máxime se o concelleiro con adicación exclusiva ao concello é o “concelleiro delegado en servizos xerais, seguridade e medio ambiente”, cando a maioría dos servizos están externalizados en empresas, non existe policia local nen cuadrillas para desenvolver traballos medioambientais. Trátase pois únicamente de empregar ao concello como unha empresa de colocación de Exalcaldes.
Tamén é chamativo que a adicación do alcalde supere os 38.000 € anuais, o que supón 4,24
veces o salario mínimo interprofesional (Veciñ@s propuxera un límite salarial establecido en 3,5 SMI o que supuña un bruto de 31.781,40 €/anuais). Deste xeito, coa adicación exclusiva do Alcalde, Boqueixón pasa por gasto a ocupar o rango dos alcaldes de Compostela, A Coruña, Ferrol ou incluso Barcelona e Madrid.
A transparencia e a racionalización do Gasto quedan enterradas. Do mesmo xeito, o equipo de goberno segue a ser unha prolongación do “Gacismo” en Boqueixón. Os plenos ordinarios seguen quedando cada dous meses, as retribucións a Concelleiros seguen establecidas nos 120 € e sen asignación a grupos (Veciños propoñía a súa baixada nas retribucións persoais e a asignación aos grupos en función dos concelleiros); as Xuntas de Goberno seguen subrogándose a maioría de competencias do pleno, e o grupo da oposición tan só estará “de floreiro” na mesa de contratación.
Catro anos de “Gacismo” sen Gacio. Para ser unha copia, ben poderían ter apostado polo
orixinal.
Veciños de Boqueixón - Proposta de funcionamento do concello
Xabier Canabal Fernández, María Carmen Soutullo Carolo e Perfecto Barcala Mosquera, concelleiros do Grupo de Veciñ@s, fan entrega mediante o presente escrito, dun decálogo de propostas en relación á organización municipal ao fin de que sexan tidas en conta polo Alcalde da corporación nos primeiros plenos municipais.
PRIMEIRO: TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN VECIÑAL.
O Grupo Municipal de Veciños establece prioritario nos primeiros plenos da lexislatura tomar iniciativas en favor da Transparencia e Participación Veciñal. Así, entre outras medidas, propoñemos:
· Creación dun Regulamento de Participación Veciñal que permita aos veciños participar activamente nos asuntos municipais, así como a intervención nos plenos da corporación.
· Creación dunha bolsa pública de emprego, para que todos teñan igualdade no acceso aos postos de traballo do concello e onde as empresas interesadas poidan ofertar traballo.
· Creación dunha bolsa pública de Contratación, onde se ofertarán accións a desenvolver polo concello e se inscribirán as empresas que queiran acceder a contratos coa administración.
· Transparencia nas contas públicas: Publicación das contas públicas do concello así como do estado de execución orzamentaria.
· Control de subvencións públicas; As axudas públicas que reciban os diversos movementos veciñais serán en convocatoria pública e estarán publicadas na web do Concello.
SEGUNDO: REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS.
A privatización dos Servizos públicos foi unha práctica extendida no noso concello con dúas consecuencias directas:
· O encarecemento dos servizos públicos básicos.
· A corrupción na adxudicación de servizos públicos. No caso concreto de Boqueixón, a Operación Pokemon deixou as claras a corrupción existente no servizo de Axuda a Domicilio, e actualmente, e despois dun lote de iniciativas presentadas, viuse que o contrato da auga asinado en 2004 (coa ampliación no 2006 ata o 2043) é claramente ilegal.
O modelo municipal de Veciñ@s baséase nunha recuperación de todos aqueles servizos públicos que actualmente se atopan externalizados en mans de empresas privadas. E facémolo en base aos principios de economía, transparencia e eficacia.
É así que a curto prazo propoñemos a asunción dos servizos públicos da auga municipal e da Axuda a Domicilio, onde o concello podería incidir directamente sobre a redución dos custos, sobre as taxas (baixada detaxas) e nunha mellora na prestación destes servizos.
Por outra parte tamén vemos imprescindible estudar a Curto Prazo a recuperación do Servizo de Urbanismo, que podería mancomunarse con algún dos concellos limítrofes.
E a medio prazo propoñemos ao Alcalde o estudo detallado de todos aqueles servizos externalizados en mans de empresas privadas, ou públicas, para ver a posibilidade de prestalos directamente.
TERCEIRO: PLENOS ORDINARIOS.
En aras a unha maior transparencia e participación dos asuntos municipais, o grupo de Veciñ@s dálle unha especial relevancia ao Pleno Municipal sobre a Xunta de Goberno e as Resolucións da Alcaldía, por estar representados a voluntade popular das eleccións do 24 de maio.
Por iso ainda que o artigo 46.2.a) establece un mínimo de un pleno ordinario cada tres meses nos concellos de menos de 5.000 habitantes, somos partidarios de que estes se celebren mensualmente, preferiblemente os últimos xoves de cada mes en horario de tarde – noite (a partires das 20.30 h), ao fin de que quen quixer poida interesarse directamente sobre os asuntos do pleno.
Por outra parte tamén solicitamos a gravación e publicación dos plenos ordinarios a través da páxina web.
CUARTO: CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO.
Segundo establece o artigo 20 1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, “A Xunta de Goberno Local existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu Concello”.
Ao ser Boqueixón un concello de menos de 5.000 habitantes, e non existindo de momento “regulamento orgánico do pleno”, Veciñ@s considera que non debera retirarlle funcións ao pleno para outras comisións ou xuntas delegadas do Pleno.
Por iso propomos a eliminación da Xunta de Goberno Local, ou se non é posible, a inclusión de todos os grupos municipais na mesma. Así pois, no caso de que o Pleno acorde necesario crear a Xunta de Goberno Local, esta proposta deberá ser motivada, deberáreunirse como máximo en sesión ordinaria unha vez ao mes, dentro dos primeiros 15 días, e deberá estar representada por todos os grupos participantes do Pleno.
QUINTO: CONTRATACIÓN.
En aras a unha maior transparencia na contración de obras e servizos municipais, o grupo municipal de Veciñ@s, propón a adxudicación de obras e servizos mediante o procemento aberto, non contemplando o procemento negociado, que é unha figura que o lexislador deixou na lei de contratos e polas que se realizan habitualmente adxudicacións sen trasparencia e a veces a división de proxectos en “fraude de lei”.
É así que propomos:
· A adxudicación de obras e servizos mediante o procedemento aberto.
· Que os pregos de clausulas de contración sexan informados pola mesa de contración.
· Que todas as contracións, con independencia das cantidades, sexan análise de proposta da propia mesa de contración.
· Que todos os grupos políticos con representación municipal estén representados nestas mesas de contración.
SEXTO: DISPOSICIÓN DE LOCAIS AOS GRUPOS MUNICIPAIS.
Para unha separación entre o traballo dos grupos municipais e a actividade propia do Concello, Veciñ@s considera de especial importancia que cada grupo conte cun local na propia casa do Concello, atendendo e dando cumprimento ao artigo 27 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídica das Entidades Locais, e que establece que “na medida das posibilidades funcionais da organización administrativa da entidade local, os diversos grupos políticos disporán na sede da mesma dun despacho ou local para reunirse de maneira independente e recibir visitas de cidadáns, e o Presidente ou o membro da Corporación responsable da área de réxime interior porá á súa disposición unha infraestrutura mínima de medios materiais e persoais.”
Tendo en conta a actual dimensión da Casa do Concello, consideramos que existe sitio máis que suficiente para dar cabida a dous locais para as dúas formacións con representación municipal, e así tamén solicitamos o acceso ao wifi do concello e dalgún medio de impresión para desenvolver o noso traballo.
Asemade solicitamos a disposición dun buzón de correos no Concello para recibir a correspondencia.
SÉTIMO: ACCESO AOS EXPEDIENTES E INFORMACIÓN MUNICIPAL.
O grupo municipal de Veciñ@s solicita poder acceder aos expedientes e información municipal cunha periodicidade mínima dun día por semana (preferiblemente os sábados en horario de mañá), así como o acceso extra a outra información e expedientes cando por motivos xustificados, requira o emprego dalgún día extra.
O grupo municipal de Veciñ@s comprométese a que o acceso á información non dificulte o normal traballo dos funcionarios e traballadores do Concello.
OITAVO: RETRIBUCIÓNS INDIVIDUAIS E ASIGNACIÓN A GRUPOS.
O grupo municipal de Veciñ@s, considera asemade necesario que se retribúan aos grupos municipais, prioritarimente sobre as retribucións/dietas individuais que veñen asignándose aos concelleiros nos últimos anos.
Por iso, e sendo conscientes da actual situación económica do Concello, e non querendo que se destinen máis fondos á retribución dos membros da corporación propoñemos que as asignacións / dietas aos concelleiros se reduzan como minimo do 50% do actual, e se asigne aos grupos políticos unha retribución en función dos seus concelleiros.
NOVENO: RETRIBUCIÓNS AOS CONCELLEIROS DELEGADOS.
En aras a un Principio de Economia, o Grupo Municipal de Veciñ@s considera que os concelleiros delegados non deberán percibir dietas polas distintas reunións de concelleiros delegados.
Porén, se a proposta da alcaldía e contraria a este principio, o grupo de Veciñ@s esixirá que de todas estas reunións se levante acta, que será enviada por medio de correo electrónico a totalidade d@s concelleir@s.
DÉCIMO: ADICACIÓN EXCLUSIVA.
O Grupo Municipal de Veciñ@s considera necesario que exista unha única adicación exclusiva no Concello, que debe ser a do seu Alcalde – Presidente.
Por iso dende o grupo consideramos e esiximos que o Alcalde teña adicación exclusiva aos asuntos do Concello durante os vindeiros 4 anos, esixíndolle tamén traballo e adicación a prol d@s veciñ@s, polo que deberá percibir unha retribución razonable, e que en todo caso non supere os 3,5 SMI Brutos (Salario Minimo Interprofesional).
E para que así conste aos efectos oportunos, asinamos a presente proposta de organización, En Boqueixón, o 16 de xuño de 2015.
Agrupación Veciñal Boqueixón - Xavier Canabal elixido candidato a alcaldia

A Agrupación Veciñal pola rexeneración política de Boqueixón, xurdida sen cor nin siglas coa finalidade de recuperar a convivencia entre tódolos veciños/as, fomentar a participación e a transparencia así coma a eficacia e eficiencia na xestión dos recursos públicos municipais, escolleu cun amplo apoio a Xabier Canabal nas Eleccións Primarias que se celebraron este domingo, tras un proceso aberto de debate durante o cal se poideron candidatar libremente os veciños/as que asinaran o manifesto fundacional.
Esta é a primeira ocasión na que se escolle, en Boqueixón, ao candidato á alcaldía nun proceso electoral cun 70% de participación, dos veciños inscritos no censo de electores, e ao que se presentaron oito veciños máis que conformarán a lista (caracterizada pola combinación de xuventude e veteranía) para os próximos comicios locais de maio. Estes son: Alexandre Brea, Ángela Santasmarinas, Breogán Mera, Iván Eirís, Lucía Mourullo, MªCamen Soutullo, Pablo Orza e Perfecto Barcala
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
