Boqueixón, 09/07/2016 - Veciñ@s de Boqueixón vén de presentar unha moción na que se solicita o fraccionamento dos impostos municipais así como o reintegro dos mesmos ás familias en risco de Exclusión Social.
Un incremento do IBI que case duplicará o imposto do ano 2010. No corpo da presente moción, manifestamos o noso rexeitamento aos incrementos do IBI (a finales do 2016 a recadación por IBI será superiores ao 80% en relación ao 2010), motivado pola petición do Alcalde á Xerencia do Catastro para que incrementaran a base impoñible deste imposto (incremento do 33%), xunto coa regularización practicada por este organismo (O CATASTRAZO).
Así, coas subas de impostos aplicadas en plena crise xunto con recortes en servizos básicos, fixo que moitos dos veciños lles resulte un gran esforzo pagar o IBI xunto cos outros impostos municipais que tamén rexistraron un forte incremento nos últimos 7 anos (caso da auga e do IVTM).
Deste xeito, veciñ@s propón a creación dunha “Conta Tributaria Municipal” para o pago escalonado ao longo do ano de todos estes impostos municipais, sobre todo aqueles que se xiran cunha periodicidade anual.
Reintegro dos impostos municipais ás familias en exclusión social. Outra das patas que propoñemos na citada moción é o reintegro dos impostos municipais ás familias máis desfavorecidas. Para isto o que propomos é que os servizos de Asuntos Sociais do
Concello elaboren unhas bases para a concesión destas axudas dirixidas ás familias titulares dun único inmoble que se destina á vivenda habitual, indicando os criterios que definan ás “persoas en risco de exclusión”.
Por último recordamos ao Concello que estas medidas xa son aplicadas en algúns concellos do Estado, e tamén Galegos, e que se atende únicamente a principios de xustiza, progresividade e garantía da cohesión social, principios básicos do sistema tributario español e consagrados na Constitución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario