O Parque Infantil en cuestión foi remodelado na anterior lexislatura, marcando dúas zonas de xogos diferenciadas pola idade.
Na parte anexa ao recinto escolar colocáronse xogos para os mais pequenos e na parte anexa á Rúa Castelao colocáronse xogos para nenos de maior idade.
Durante esta lexislatura se deterioraron os columpios dos mais peqeuchos, concretamente os balancíns que contan cunha barra de seguridade para evitar que os nenos se caian.
Pois ben, estes elementos foron substituídos por balancíns para nenos de mais idade, é dicir elementos de xogo carentes das barras de seguridade.
Resultando que agora mesmo hai catro columpios para os nenos de maior idade e ningún para os pequenos.
Ao mesmo tempo se está a incumprir a normativa actual en materia de parques infantís, posto que nunha zona destinada a unha franxa de idade determinada, están colocados elementos de xogo marcados para unha franxa de idade distinta.
Por iso o Grupo Municipal Socialista de Negreira esixe ao goberno local que repoña os elementos acordes coa normativa e acordes coa idade correspondente.
Así mesmo o noso Grupo Municipal solicita ao goberno local que revise a instalación do Parque Infantil de Pedra Mámoa.
Solicitamos que mande ao Técnico Municipal realizar un informe acerca de si a instalación de dito parque é correcta, ou hai algo que corrixir, como así nós o entendemos.
Tamén solicitamos que se lle volva a dar augar á fonte pública que hai no zona de Pedra Mámoa, fonte que se inutilizou fai xa varios meses e que segue no mesmo estado.
Hai que ser conscientes da cantidade de persoas que pasan por dita zona, e o lamentable que é que a única fonte existente estea inutilizada.
E todo isto debido á ineptitude do goberno local e da súa ineficacia.
Xa para rematar solicitamos que se asfalte integramente a Rúa de Rosalía de Castro, por que non damos entendido como se pode planificar o arranxo dunha rúa e deixar a mesma a medias.
Aínda que claro, a xestión deste equipo de goberno actual é difícil de entender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario