PP Santiago - Proposta de debate aberto os medios

Co obxectivo de confrontar os diversos programas dos partidos que concorren ás eleccións municipais, o Partido Popular de Santiago propón un debate aberto aos medios, tras ter percibido o interese de varios deles na súa organización.

O PP de Santiago está disposto a debater o seu proxecto coas formacións políticas que presentan candidatura aos vindeiros comicios municipais do 24 de maio, nun debate organizado por unha entidade neutral e independente nas condicións que se pacten polos interesados.

Por outra banda, o candidato do Partido Popular tamén asistirá ao debate organizado pola televisión pública galega, seguindo as pautas marcadas pola lei electoral, é dicir, cos partidos que contan con representación municipal, en data e hora pendente de confirmar.

Ningún comentario: