Ames Novo - Homenaxe os homiños de Boimorto no día da Republica

Ames Novo conmemorou onte o 14 de abril homenaxeando na Carballeira de Ortoño aos “homiños de Boimorto”, cunha ofrenda floral na que defenderon os valores de democracia e igualdade da República. A candidata de Ames Novo, Pilar Candocia, destacou a importancia do primeiro goberno Republicano en Ames que “trouxo ao noso concello as escolas, a luz e as estradas”. Deste xeito destacou o seu valor coma “o primero gobernó para as persoas e os servizos”.

Os membros da Coordenadora de Ames Novo fixeron este serán na Carballeira de Ortoño una ofrenda floral adicada aos “homiños de Boimorto”, asesinados en Ames neste mesmo lugar. Alí depositaron un ramo con frores por cada un dos represaliados nun acto que consideraron de “reivindicación da liberdade e a democracia”.

Pilar Candocia lembrou ademáis a decisión tomada por unanimidade fai un ano polo Concello de Ames de “restituir ao Goberno Republicano que foi inxustamente cesado”. Segundo dixo a candidata de Ames Novo ata o de agora “o Goberno do PP foi incapaz de asumir o mandato do Pleno de Ames aprobado por unanimidade”, una decisión adoptada polo consistorio fai un ano e que, segundo lembrou Candocia “segue sin facerse efectiva”.

Ningún comentario: