.- O salón de plenos do concello de Melide foi o marco escollido
pola asociación cultural e músical “O Castelo”, encargada da organización da
Foliada que anualmente se leva a cabo na vila por estas datas.
En dito acto, estivo presente a
alcaldesa da vila Ánxeles Vázquez xunto ocn membros da organización, sendo esta
a encargada de abrir o acto a cal loubou
o traballo e o esforzó que dita asociación realiza a hora de sacar a diante
unha actividade tan ben acollida polo publico en xeral.
Ánxeles Vázquez, animóu aos
organizadores a seguir traballando en prol da cultura e da música tradicional
deste país, que como todolos anos contan
co apoio incondicional do Concello de Melide, en canto a material, servizos,
instalacións, seguridade, limpeza, grupos electróxenos, iluminación ,etc que o
concello facilita a asociación co fin de que durante esa fin de semana, todo
saia sen incidencias.
Esta programación está pensada
para o desfrute da xente, de cativos e de maiores, dos veciños de Melide e dos
que chegan de fóra, tres días completos de actividades, de diversión, de
contacto có noso… coa nosa música, coa nosa artesanía, coa nosa cultura, coa
nosa tradición.
Unha das novidades deste ano é un
CONCURSO FOTOGRÁFICO que organizamos en colaboración coa Asociación Enfócame no
que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen restricción de
idade.
Según explica o presidente da
asociación, Miguel Varela este ano pretendemos abrir novos escenarios que
amplíen a dimensión deste evento que despois de dez anos xa está consolidado
como un referente da música tradicional do país.
A continuación imos desglosar o programa de actividades desta 11ª edición da FOLIADA de MELIDE e
comezamos polo VENRES 24 DE ABRIL
VENRES 24 DE ABRIL
O ano pasado como celebración do décimo aniversario
ampliamos a programación un día máis e nesta ocasión queríamos asentar o
venres xa, como o día adicado á música
feita na comarca. E como referentes da música tradicional e folk na nosa
comarca contaremos coa actuación dos MELIDAOS e TROMENTELOS, dous grupos con
dni melidense e que presentarán os seus traballos discográficos a partir das
22:00h na Casa da Cultura.
SÁBADO 25 DE ABRIL
Inauguración da
MOSTRA DE ARTESANÍA E INTRUMENTOS que abrirá as súas portas a partir das
11:00 da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin
de semana. Reunirá a artesáns de todo o pais repartidos en 20 postos que
abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas, zanfonas, instrumentos
folk, confección de traxes tradicionais,
talla de madeira, pedra ou coiro.
Nesta edición contamos cunha ampla representación de
artesáns de instrumentos
Un dos pratos fortes desta segunda xornada son os CANTOS DE TABERNA. Este ano celébrase a
sétima edición e as novidades con respecto a outras edicións están no
incremento dos grupos participantes. Contaremos con dezaoito grupos e dezaoito
locais de hostalería.
Cada grupo fará un percorrido por oito locais no que
recibirán a puntuación do taberneiro correspondente. Os tres grupos con maior
puntuación serán os gañadores. Os premios nesta ocasión están patrocinados pola
Asociación Casco Vello, o primeiro premio consistirá nunha cea nun restaurante
de Melide e o segundo e o terceiro nunhas cestas de productos típicos.
Os grupos participantes proveñen de lugares moi diversos,
Marín, Mondoñedo, Compostela, A Fonsagrada, Chantada, Sada, Bergondo, O Pino,
Touro, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso e Melide.
Xa pola tarde a partir das 18:00h na Praza do Convento realizarase o OBRADOIRO "Entra no baile a
bailar" un obradoiro de baile tradicional que Luís Prego se encargará
de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente
participativo coa intención de contar con nenos e nenas e maiores interesados
en aprender recursos de baile tradicional. O grupo local Froito Novo serán os
encargados de poñela música
As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada, a MARCHA GAITEIRA. Un percorrido musical
que enche as rúas de Melide de música. Participarán vinte agrupacións musicais
que se repartirán por diferentes rúas e prazas. Un pasarrúas multitudinario que
anima á vila e nos encamiña ao centro mesmo da festa, a Praza das Coles, onde
terá lugar o Serán.
O SERÁN foi o
xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura, foi un serán, unha reunión de
amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A
partir do serán surxiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que
outros poidamos bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados… “e
o que non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para
ir contar mañán”. Pois non, tamén se pode vir a desfrutar dunha noite de música
e bon ambiente na que participarán vinte agrupacións de música tradiconal.
E xa como fin de festa e como remate do Serán, a partir das
doce da noite actuarán Habelas Hainas e Sacha na Horta
HABELAS HAINAS son catro rapazas unidas pola música
tradicional cun son enérxico, fresco e orixinal. Ofrecerán un concerto moi
animado e visualmente moi entretido.
SACHA NA HORTA é un grupo cun estilo moi propio, que deron
en chamar "agro-punkchanga", no que as voces das mulleres atopan toda
a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas
ven e tamén do que desexan. Isto todo cosido cun fío con moita retranca
DOMINGO 26 DE
ABRIL
Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa
maior parte na Praza do Convento onde a Mostra de Artesanía e Instrumentos será
o principal atractivo.
Tamén pola mañá na Praza das Ichoas e na zona dos viños a Asociación Galega do Xogo Popular e
Tradicional realizará un OBRADOIRO DE
XOGOS POPULARES dirixido a todo o público.
A exhibición do baile tradicional sempre tivo presencia
dentro da programación da Foliada. Este ano na MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL contaremos coa Escola de baile e música
tradicional de Santa Comba. Actuarán ás 13:30h na Praza do Convento
Durante toda a fin de semana a ANIMACIÓN DE RÚA estará
conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos
que encherán as rúas e prazas do pobo de colorido musical.
Xa pola tarde os protagonistas serán os máis cativos.
Poderán desfrutar da actuación Peter
Punk, que presentará o espectáculo “Peor imposible”, un espectáculo que
combina maxia, malabares e sobre todo moito humor.
Tamén se entregarán os premios do concurso XENTE CATIVA, un concurso de debuxo
dirixido aos nenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide
E xa coma fin de festa actuarán NAJLA SHAMI e OS
DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO
NAJLA SHAMI é unha artista e compositora nacida en
Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre
Galicia e Kuwait. Mestura diferentes estilos coma o jazz, funk e a música
tradicional. Este concerto será a partir das seis na Praza das Coles
Dos DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO pouco hai que dicir. Dende a
organización fixemos un esforzo importante para que Melide poida desfrutar dun
grupo histórico, un dos impulsores do Bravú e en definitiva un grupo de
referencia no movemento musical galego. Este concertó será as oito da tarde na
Praza do Coles
Ningún comentario:
Publicar un comentario