Dos programas de educación non formal deriva a adquisición dunha serie de competencias, destrezas e habilidades que poden ter un gran impacto sobre a empregabilidade xuvenil, ademais de contribuír ao desenvolvemento persoal da mocidade. Neste senso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten especial interese en contrastar ainfluencia da participación nos seus programas no tránsito da educación ao emprego, a fin de avaliar a eficacia e eficiencia na xestión das políticas públicas.
En concreto, o estudo ‘Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia’centrarase nos programas Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa. O primeiro diríxese a mozos e mozas de 18 a 30 anos organizados en asociacións ou entidades prestadoras de servizos á xuventudeque fomenten a participación, a axeitada utilización do lecer e a calidade de vida e o benestar. O segundo programa desenvólvense en áreas relacionadas co Camiño de Santiago e temáticas referidas á cultura. Por último, Galeuropaé un programa de axudas á mocidade galega para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizan en empresas de calquera estado ou país estranxeiro.
O estudo será dirixido polo profesor Santos Rego coa coordinación xeral da profesora Mar Lorenzo Moledo, que tentarán avaliar neste ano 2015 quéaptitudes interpersoais e competencias desenvolven os mozos e mozas que participan nos tres programas da Xunta e en qué medida contribúen á súa empregabilidade, á vez que investigarán o valor que as empresas lle outorgan a esas aptitudes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario