Ames Novo - Entrega de 800 firmas ante a Xunta electoral

Ames Novo entregará hoxe na Xunta Electoral máis de 800 sinaturas que acreditan a súa concorrencia aos comicios do vindeiro 24 de maio coma agrupación de electores. A lexislación vixente esixe para cubrir este requisito 500 sinaturas, e a falla de catro días para que venza o prazo legal, Ames Novo xa superou en máis dun 50 por cento esta esixencia.

As sinaturas dos e das amienses fan polo tanto que Ames Novo saia “con todo o aval da cidadanía”, segundo explicou a candidata de AN á Alcaldía, Pilar Candocia, durante o proceso de recollida destes avais “sentimos a forza da xente que nos tén expresado que esperan que o seu apoio serva coma palanca de cambio” no concello.

Este proceso de recollida de sinaturas evidencia ademáis o carácter cidadán da iniciativa Ames Novo, que se presenta a estes comicios abandeirando a participación cidadá como modelo de cambio para Ames. Candocia lembrou ademáis a dificultade que a lexislación engade a este trámite no caso das agrupacións de cidadáns, posto que ademáis de estar censados e asinar nun documento oficial o seu apoio, deben adxuntar una copia do seu DNI que avale a validez deste acto.

Dende que se abriu o prazo de recollida de sinaturas, Ames Novo ten recollido os apoios de 815 amienses, comprometidos deste xeito coa proposta de confluencia que esta iniciativa representa nas vindeiras eleccións municipais. Ames Novo agradece o seu apoio a tódolos cidadáns e comprométese a ser o motor do cambio de goberno que o Concello de Ames precisa de cara ao futuro.

Ningún comentario: