O Concello de Ames aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local as bases dos campamentos municipais para os meses de xuño e xullo, unhas actividades pensadas para que os escolares gocen das súas vacacións de verán. Este ano ofértanse un total de 438 prazas repartidasen sete campamentos diferentes e en todos eles resérvase un 10% das prazas para casos de emerxencia social. Os prezos oscilan entre os 45 e os 220 euros e as familias numerosas terán un 50% de desconto sobre o custo total.
Nesta edición os campamentos están dirixidos aos nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, ao alumnado de Educación Primaria e aos rapaces que cursan estudos de ESO. Os campamentos desenvolveranse na granxa escola Fervenzas do Toxa (Silleda), a granxa escola El Kiriko (Fornelos de Montes), no campamento náutico de Vilagarcía de Arousa e no campamento xuvenil de Castrelo de Miño. Ademais, este ano desenvolverase a cuarta edición do campamento urbano, que se levará a cabo no mes de xullo na Aula da Natureza.
Prazo de preinscrición
Os rapaces interesados deberán realizar apreinscriciónentre o 17 e o 28 de abril. As bases e os impresos poden descargarse no banner que está colocado na parte superior da páxina web municipal. Tamén se poden obter acudindo ás oficinas municipais do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas; ao departamento de Medio Ambiente da Casa do Concello; á OMIX da Casa da Cultura do Milladoiro (martes e venres) e da Casa da Cultura de Bertamiráns (luns, mércores e xoves). Os sábados, no mesmo horario, tamén se poderán obter no Rexistro Xeral da Casa do Concello. Para ampliar informacióndeben chamar ao número 660 004 665 ou escribir aocorreo electrónicoauladanatureza@concellodeames.org.
Novo vehículo para a Policía Local
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames tamén aprobou o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, dun vehículo todo-terreopara a Policía Local. O orzamento estimado do presente contrato é de 24.793,39 euros, máis IVE. O goberno municipal ve necesario substituír o anterior vehículo que xa conta con catorce anos de antigüidade 435.000 quilómetros.
Este procedemento de contratación anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante da web municipal. As propostas poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de quince días naturais que empezarán desde o día seguinte á súa publicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario