Santiago - Irene Aranda grabará o seu novo disco no Teatro Principal

A pianista andaluza Irene Aranda grabará o seu novo disco ao vivo no Teatro Principal de Compostela.
Neste mes de abril a pianista andaluza Irene Aranda estará por terras galegas, grabando o seu novo traballo discográfico, “Tribus”.

Para tal magna ocasión optou por non solo por contar con 2 músicos galegos ou afincados en Galicia senón tamén vir directamente a grabalo á nosa terra, e por se fora pouco, grabalo ao vivo.
Os músicos que a acompañarán será a batería Lucía Martínez e o zanfonista Germán Díaz, a primeira, unha galega afincada en Madrid, e no segundo caso, un vallisoletano afincado en Galicia.
O lugar escollido, tamén será unha ubicación de luxo como é o Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Se ben os músicos se atoparán na cidade uns días antes para atender entrevistas e tamén para ensaiar, o día clave será o xoves 23 de abril ás 21h no Teatro Principal da capital galega. As entradas xa se poden adquirir na propia billeteira do Teatro, na tenda de artesanía Merlín e Familia (Rúa Xelmírez, 14) ou a través da web de www.madapro.es

Un dos valores máis sólidos do jazz español
Irene Aranda consolidouse como un dos novos valores máis sólidos do jazz español. Os seus traballos anteriores conseguíronlle os mellores eloxios da prensa especializada.

Aranda vai máis alá do jazz, e tráenos unhas propostas de improvisación libre de altísima calidade. Os efectos que ela traballa amósannos unha improvisación realmente formidable na que se superan os estilos, cunha incríble naturalidade de composición sobre a marcha.

A pesar desta improvisación, no seu son pódense percibir tamén os sons da tradición que se unen perfectamente ao estilo moderno e liberado das etiquetas americanas. 

Poderíase decir así que crea un persoal mundo sonoro, único en cada concerto e momento en que se senta ao piano.

Nesta ocasión acompañarase ademáis doutros dous grandes músicos que combinan tamén esta dualidade de tradición e modernidade na súa música como son Germán Díazn na zanfona e a batería Lucía Martínez.

Un concerto fermoso e máxico, para non perder. E unha ocasión única de formar parte, aínda que só sexa como público, da grabación deste novo traballo discográfico.

Ningún comentario: