A compañía vasca Dantzaz Konpainia chega a Compostela para presentarnos ‘Flash!’ dentro do ciclo Danza 2015. Será hoxe, venres 17 de abril a partir das 18.30h no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e o propio día no Auditorio de Galicia desde as 18.00h
Flash! é o resultado da colaboración de dous galardoados coreógrafos de recoñecido prestixio con Dantzaz Konpainia cuxo froito é un tríptico de danza formado por Few Brief Sequences (do israelí Itzik Galili), Things I told nobody e Flash Deluxe (do polaco Jacek Przybylowick).
Sedución e plasticidade, enerxía e delicadeza… acrobacias e poesía mestúranse nunhas coreografías nas que a música nace de percusións tribais e de autores barrocos e clásicos (Marais, Mozart, Vivaldi, Haendel, Satie) e a iluminación convértese en protagonista, recreando espazos irreais, cortes barrocos e frenéticos aquelarres… Flash! reúne todos os ingredientes necesarios para un gran serán de danza con Dantzaz Konpainia, compañía profesional residente no Datzagunea de San Sebastián vinculada a unha plataforma pedagóxica que, con excelentes resultados, forma e promove a bailaríns de toda Europa para conseguir o seu primeiro emprego en compañías de primeira liña internacional.
Bailaríns: Jone Ameaga / Carmen Derré / Garazi Etxaburu / Valerio Di Giovanni / Axier Iriarte / Sune Klausen / Richard de Leyos / Agustín Martínez / Nora Paneva / Paula Parra / Josu Santmaría / Rafke Van Houplines
Jacek Przybylowicz / Itzik Galili coreografía
Adriana Pous dirección escénica
Nastaja Lansen / Jacek Przybylowicz / Itzik Galili vestiario
Jacek Przybylowicz / Itzik Galili / Yaron Abdulafia deseño iluminación
Marin Marais / Erik Satie / Wolfgang Amadeus Mozart / Antonio Vivaldi / Georg Friedrich Haendel / Percossa / Paskal Indo música orixinal
Dantzaz Konpainia / Euskadi. 80’
Ningún comentario:
Publicar un comentario