Xosé Antón López, candidato a alcaldía de Santiago, presentou oficialmente onte a lista na praza de Cervantes no corazón de Compostela, a pé de rua“tal e como será a súa política”.
O candidato galeguista cualificou a lista como “libre, sen tutelaxe de ningún tipo e cun variado abano de xente nova , preparada e de diferentes eidos da sociedade compostelá, “unha lista de persas honestas, profesionais, e mozas con ilusión e orgullo cun obxectivo claro que e devolverlle a política o seu fin social de transparencia, participación activa e resolución dos problemas reais da cidadanía.”
A recuperación da democracia e o liderado da cidade,a transparencia real coa fiscalización cidadá do traballo municipal, a recuperación da zona vella de Compostela coa premisa de “rehabilitar para vivir”, a planificación estratéxica dunha “Praza de Abastos para mercar” e o apoio decidido ao tecido comercial e o comercio de proximidade con obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no entorno máis próximo serán cuestións prioritarias na programa político de organización galeguista, segundo avanzou Xosé Antón López.
A candidatura
Nos postos do 2 ao 5 destacan Luísa Bernal Ónega, avogada e comerciante do Ensanche, Modesto ToribioRodríguez-Redondo, comerciante e moi coñecido na cidade pola súa participación no tecido asociativo, Laura Cereijo, traballadora e delegada sindical de CCOO e Maxi Vázquez, veciño de Aríns, MBA pola EOI e socio e xestor dunha cooperativa agraria e actual secretario local.
Na lista hai varios independentes e veciños de distintos barrios e parroquias, xa que a intención do candidato, Xosé Antón López foi facer unha lista “representativa do que é o concello do Santiago de Compostela, sen esquecerse do rural nin dos distintos sectores sociais”. Outros membros da candidatura son María Luz QuiñoyMontero, Javier Iglesias Mato (independente), Isabel Pazos Pose, Denís Fernández Méndez, Emilia Prado Porta, Adrián Blanco Para, ElyzaAnnaSzymaniak (independente), Sofía Carballido Mugico (independente), Salvador Forján Lourido, Cristina Prada Álvarez (independente), Susana Barreiro Hermo, Adrián Mallo ou Eliseu Mera . Tamén figura nos últimos postos Rocío López Pacio da executiva do partido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario