Sábado 28
9.45 h
Saída desde o CSC
de Conxo dun roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio guiado por José María Costa Lago, da
Asociación Pan de Raposo. Xa pola tarde, ás 18.30 h, o mesmo José María Costa impartirá a
conferencia Setas de primavera:
Ascomycetes.
13.00 h
No Paseo Central da
Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da XXXI edición
da Feira do Libro.
19.00 h
No Auditorio
de Galicia, proxección de 'Exit through the gift shop'
(Bansky, 2010) dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.
20.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste
ao partido do Lobelle.
20.30 h
No Auditorio
de Galicia, proxección de 'El esfuerzo y el ánimo' (Arantxa Aguirre , 2009)
dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.
20.30 h
Na Zona "C" Ars Artis presenta 'Será o meu propio paraíso' con
Lucas Herrador e Olga Abad.
21.00 h
No Teatro
Principal , Provisional Danza presenta 'Ni ogros ni princesas'
con coreografía e dirección de Carmen Werner.
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
(Desde as 08:00 h do día 26 ata as 08:00 h do día 27 de
abril)
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o
Equipo de Atestados da Policía Local NON rexistrou ningún accidente na cidade.
- Ás 5.00 horas,
detense a un condutor tras practicarlle alcoholemia, con resultado positivo.
INTERVENCIÓNS
- Colabórase cos
bombeiros regulando o tráfico na Amañecida (Vidán) mentres estes cortan
diversas ramas de árbores da zona que entorpecen a circulación e poñen en
perigo a seguridade dos condutores.
- Identifícase a un
home que é denunciado por estar a ouriñar na vía pública, na rúa Virxe da Cerca.
- Iníciase expediente
por abandono dun vehículo na rúa Irmáns Vilar Ponte.
- Ás 17.00 horas AUXÍLIASE
a un home que se atopaba ebrio no Cruceiro de San Pedro e que é trasladado ao
CHUS por unha ambulancia do 061.
Ningún comentario:
Publicar un comentario