A Asociación Cultural O
Lacón presenta a nova directiva e algunhas das actividades que realizarán ao
longo do ano
“É moi importante que se conformen
asociacións coma esta que, ademais de dinamizar a vila, e organizar actividades
para todo o mundo, leve o noso nome e a nosa gastronomía fóra destas fronteiras”
afirmou a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández
Pena.
Silleda, 27 de abril de
2012. A Asociación Cultural O Lacón que preside Luís Abal
González presentou hoxe a nova directiva da agrupación, durante un acto que tivo
lugar na Praza da Feira de Silleda a partir das 21.00 horas, e ao que tamén
acudiu a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, con varios membros da
corporación municipal.
Abal,
agradeceu, en primeiro lugar, o apoio a todos os patrocinadores, un total de 10
empresas da comarca: Nudesa, S.A., Proporsi, Panadería Jose Mella, Panadería
Luis Mella, Panadería Hermanos Bouzada, Avipor, Explotaciones Porcinas Meijomín,
Embutidos Lalinense, Hoxe e Explotaciones Porcinas Tato S.L.