Psoe Teo - valoración pleno de abril


O Pleno ordinario do mes de abril do Concello de Teo estivo marcado polas
cuestións económicas.
O equipo de goberno de Martiño Noriega presentou unha proposta de
modificación da ordenanza da taxa por licencias urbanísticas, fronte a cal
Uxía Lemus amosou a súa desconformidade por implicar, por exemplo, a suba
do 300% na taxa por segregación de parcelas urbanas, o que amosaba un afán
recadatorio, mais que un mero axuste ingresos – custes.
Con esta proposta que se une a toda a batería de subas de taxas e impostos dos
últimos meses, e que supón un inaudito aumento da presión impositiva á
cidadanía, o equipo de goberno pretende solucionar os problemas
económicos do Concello provocados pola súa nefasta xestión dos recursos
públicos.

O resto das forzas de oposición, PP, BNG e Inteo, tamén rexeitaron a proposta,
reiterando, xunto co PSdeG PSOE, a nosa disposición ao diálogo co equipo de
goberno en temas tan relevantes paras as contas públicas, pero que deben ser
consensuados antes de chegar ao máximo órgano de decisión dun Concello, como é
o Pleno.
O equipo de goberno, fronte a estas lexítimas críticas, acusou de falta de
responsabilidade das forzas de oposición, sinalando que debían ser consecuentes co
aprobado noutros Plenos, como os orzamentos para o ano 2012, ou os plans de
axuste e saneamento.
Ante esta acusación Uxía Lemus lembroulle ao equipo de goberno que tanto
os orzamentos como os plans de axuste e saneamento foron aprobados só
cos votos afirmativos do equipo de goberno, non polo Pleno no seu
conxunto, o que totalmente diferente.
Desde os Socialistas de Teo recomendamos ao equipo de Martiño Noriega, un
goberno en minoría, que en vez de vender o rexeitamento de calquera proposta
pola oposición como un “voto de castigo”, debe buscar ás fórmulas para acentuar o
diálogo e o consenso. O acordo cos concelleiros e concelleiras da oposición
non se poderá acadar nunca mediante descualificacións, senón fomentando
o diálogo e recoñecendo a lexitimidade das posicións contrarias no debate
político, o que é o fundamento da democracia.
Estas acusacións de populismo e irresponsabilidade da oposición, neste
caso centradas no PSdeG PSOE, foron o eixe do discurso de Martiño
Noriega durante o debate da moción dos Socialistas de Teo sobre a
redución dos soldos de políticos en Teo.
No debate desta proposta, finalmente rexeitada só cos votos do equipo de
goberno e dos concelleiros do BNG, que compartiron goberno ata marzo de
2012, mentres Uxía Lemus amosou unha proposta de redución, baseada tanto en
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
2
criterios económicos e administrativos, Martiño Noriega acusaba á concelleira do
PSdeG PSOE de mentir e manipular os datos.
Como xa reiteramos en múltiples ocasións, os datos empregados na proposta de
redución dos soldos de políticos do Concello de Teo presentada polo PSdeG PSOE,
son no seu conxunto os extraídos de fontes públicas como o Boletín Oficial da
Provincia da Coruña ou os orzamentos, que publicaremos na nosa páxina web para
que calquera cidadán os poda contrastar.
O Alcalde, cun discurso cheo de golpes efectistas, que non efectivos, non
foi capaz de explicar á cidadanía teense por qué nun Concello de 18.000
habitantes, con 1.600 desempregados/as, cun endebedamento de mais de
3.000.000 euros e 1.500.000 euros de facturas sen pagar a 15/03/12,
onde se prevé aumentar a recadación por taxas e impostos un 83% ata o
ano 2017, é imprescindible gastar 211.000 euros/ano nos soldos de 4
concelleiros, unha secretaria do Alcalde e unha xefa de prensa.
Finalmente, os Socialistas de Teo queremos amosar a nosa satisfacción ante o
resultado da comparecencia do concelleiro de equipo de goberno, Anxo
Rey, por solicitude do PSdeG PSOE para falar das políticas de fomento do
emprego no Concello de Teo.
A posición construtiva de todas as forzas políticas neste tema foi de
agradecer, e esperamos que sexa o xerme dunha mellor colaboración entre todos e
todas, para mellorar a eficiencia e a boa gobernanza nun Concello que sofre como o
resto de Galicia e España os efectos devastadores dunha crise sen parangón.
O acordo e o consenso dos representantes políticos do Concello de Teo é
imprescindible, porque a situación o esixe, o sentido común o reclama e a
cidadanía o demanda.

Ningún comentario: