Ordes - inauguración Expo Ordes


A feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expoordes 2012 abre as súas portas con máis de 60 stands

Centos de visitantes asistiron á inauguración na primeira das súas xornadas,  especialmente adicada ós empresarios e autónomos

Ordes 27 abril 2012. Centenares de persoas entre veciños, veciñas e visitantes non quiseron perderse a inauguración esta n oite de Expoordes 2012. Santiago Freire Abeijón, alcalde de Lousame e diputado provincial responsable da área de Promoción Económica cortaba a cita inaugural en compañía do alcalde de Ordes, Manuel Regos. Abríase así oficialmente o recinto feiral, que nesta XXIII edición conta con máis de 60 stands de empresas, firmas comerciais, institucións e asociacións.


     Como xa é costume esta primeira xornada estivo adicada a todos os empresarios e autónomos do Concello. Tras unha primeira visita polos stands e polas distintas zonas de exposición todos eles se dirixiron ás instalacións da piscina municipal, onde degustaron un viño español co que foron agasallasdos por parte do Concello. Alí Santiago Freire manifestou a súa satisfacción e sorpresa ó atoparse “cun evento de tal magnitude e calidade”. Pola súa banda Manuel Regos agradeceu a colaboración prestada pola Deputación e solicitoulle todo o apoio posible “para que a seguinte edición deste evento poida ser unha realidade”. Apostou por Expoordes como “un bo xeito de facer negocio e para ver aumentado o consumo dentro do Concello, e non só nos establecementos hosteleiros”, asegurou o alcalde.

     Dende mañá sábado e ata o domingo a cita desenvolverase no Campo da feira, onde se habilitaron máis de 1.800 metros cadrados cubertos por carpas. Sectores como os da alimentación, automoción, construcción, náutica, moble, medioambiental, deportivo, mecánica ou textil estarán presentes un ano máis nesta cita que cada ano ve aumentar non só o número de participantes senón tamén os de visitantes. “As cifras de Expoordes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira. O ano pasado contabilizáronse máis de 30.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición”, manifesta o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

       A xornada de mañá sábado prestará especial atención á Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes e á diversidade funcional. Un total de dez asociacións e organizacións estarán presentes no recinto para amosarlle ó público todas as actividades e traballos que levan a cabo en favor dos seus socios e usuarios. O mesmo día o Museo do traxe Juanjo Linares acollerá a terceira edición das xornadas ‘A discapacidade hoxe’. Un ciclo de conferencias relativas a problemáticas de índole cognitiva, física ou intelectual que contará con representantes e dirixentes das principais asociacións e organizacións de discapacitados.

6.000 quilos de champiñóns
O domingo 29 non só será a última xornada da feira senón que tamén  é o día escollido levar a cabo a degustación gratuita de champiñóns polos establecementos da zona. Un total de 6.000 quilos repartiranse entre bares e restaurantes para que, unha vez preparados de distinto xeito, poidan ser servidos gratuitamente con cada consumición.

     Como en calquera festa que se prece a música non pode faltar para acentuar o ambente festivo. Neste caso o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e a charanga Ruada serán os responsables desta labor. 

Ningún comentario: